jueves, 12 de junio de 2014

ASAMBLEA DE NAIS E PAIS

 O pasado martes tivemos unha asamblea coas nais e pais do colexio para despedir o curso escolar e poñer propostas e actividades en común. Cada vez somos máis. Graciñas.





martes, 10 de junio de 2014

FESTA DE FIN DE CURSO 2013/2014
XOVES 19 DE XUÑO DE 16:30 h a 19:30 h

Desde a ANPA do CEIP As Mercedes queremos convidar a todas as familias  (pais, nais, avós, avoas, irmáns, irmás, alumnos e alumnas) deste centro educativo á festa de fin de curso que terá lugar o vindeiro xoves 19 de xuño a partir das 16:30 h.
Teremos bailes, exhibición de judo, proxección imaxes de todo o curso, inchables e merenda para os máis cativos e cativas.
Non faltedes e participade con nós nesta festa que tamén é a vosa.
Importante: cada pequeno/a deberá estar acompañado por un adulto.

Recibide un cordial saúdo

A DIRECTIVA DA ANPA

ARDE LUCUS

INTENDENCIA PARA O ARDE LUCUS
DOMINGO 15 XUÑO ÁS 11:15 h DIANTE DEPUTACIÓN

TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPEN NO DESFILE DO ARDE LUCUS COA ANPA DEBERÁN ESTAR ÁS 11:15 h DO DOMINGO 15 DE XUÑO DIANTE DA DEPUTACIÓN NO LUGAR ONDE SE ATOPE O ESTANDARTE DE AS MERCEDES E COA SEGUINTE DISTRIBUCIÓN POR CURSOS E PERSOAS ENCARGADAS:
4º INFANTIL (3 anos)à Elvira González e Mª Belén Días
5º INFANTIL (4 anos)à Eva López Riveiro
6º INFANTIL (5 anos) à Paula López López
1º PRIMARIA à Esther Acitores
2º PRIMARIA à Isabel López López
3º PRIMARIA à Cristina Alonso Barreiro
4º PRIMARIA à Montse Mouriño Ferreiro
5º e 6º PRIMARIA à Teresa Fernández Abeledo

AO REMATAR O DESFILE ESTÁ PREVISTO QUE OS PEQUENOS/AS E UN ACOMPAÑANTE (QUE QUEIRAN) PARTICIPEN ÁS 14h NUNHA SESIÓN DO CIRCO ROMANO (REPARTIRANSE ENTRADAS ESE MESMO DÍA)


A DIRECTIVA DA ANPA

miércoles, 4 de junio de 2014

ARDE LUCUS

 Presentámosvos o que será o estandarte que levaremos para o Arde Lucus. Esperamos que vos guste. Saúdos.




ASAMBLEA DE PAIS E NAIS
MARTES 10 DE XUÑO ÁS 20:00h NA BIBLIOTECA

ORDE DO DIA:
1.- Organización desfile ARDE LUCUS (domingo 15 ás 11:15h diante da deputación)
2.- Organización da festa de fin de curso (tarde do xoves 19 de xuño ás 16:30h)
3.- Valoración actividades feitas e previsión para o vindeiro curso
4.- Incorporación de novas persoas á Xunta Directiva da ANPA
5.- Rolda libre de intervencións

Para facilitar que podan asistir un maior número de país e nais teremos unha coidadora que atenderá os nenos/as no comedor mentres dure a reunión.

Informámosvos que xa se poden reservar en Élide os novos modelos de chándal co nome do colexio (chaqueta verde e pantalón negro (24€)).
Recibide un cordial saúdo

A DIRECTIVA DA ANPA

sábado, 31 de mayo de 2014

EXCURSIÓN A AVIFAUNA

E como última excursión da ANPA deste curso temos a dos máis pequenos dos nosos nenos. Este ano foron acompañados dos seus pais ó centro de Avifauna.  E para rematar a visita houbo un tempo para a merenda e o esparcimento. Ollade as fotos.
Gracias por acompañarnos, esperamos que todos os nenos disfrutasen dunhas excursións feitas con cariño por parte da ANPA. O próximo ano máis e mellor. Unha aperta a todos.










miércoles, 28 de mayo de 2014

EXCURSIÓN A PIORNEDO- ANCARES

Este sábado 24 de Maio tivo lugar a segunda fase do intercambio cos alumnos do colexio de Cervantes. Os nosos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria foron de roteiro e disfrutaron das fermosas paisaxes da montaña lucense, estiveron visitando as pallozas.... Desde aquí o noso agradecemento a todos os que fixeron posible levar a cabo esta excursión na que os nenos disfrutaron moitísimo. Ahí vos van unhas fotos de mostra.