jueves, 30 de junio de 2016

Tecendo futuros

Tecendo futuros foi unha aposta en común de tódolos sectores do noso colexio. Un proxecto que partía dende a ANPA pero que une con fío cada membro da comunidade escolar. Fíos de cores que proveñen da donación familiar e que tecen nais, avoas, veciñas, amigas...cores, personalidades, culturas, diversidade que embelecen o noso patio.













Excursión a Cantabria

Excursión da promoción 2007-2016. Cabárceno, Fuente Dé, Cova de Altamira, Covas do Soplao, Cantabria!

Desfrutamos con eles uns días moi especiais, unha boa despedida do noso querido colexio, que tanto nos ensinou.





Excursión a Grandas

Excursión a Grandas de Salime. Dos castros ata as tabernas do século pasado, dun embalse ó ceo, Sábado 11 de Xuño do 2016.

















Excursión a San Paio de Narla

Excursión a San Paio de Narla ,  Venres 10 de Xuño do 2016.

Os nen@s de 5 anos visitaron un castelo, un viaxe moi especial onde sempre nos tratan ben.


















Excursión a San Cibrao e Burela

Excursión a San Cibrao e Burela , Visita ó Museo do Mar e ó Astaleiro de Fra en San Cibrao, comida no Monte Castelo de Burela e visita ás alfombras florais de Burela Sábado 4 de Xuño do 2016.




Excursión Avifauna

Excursión a Avifauna , dos máis novos do colexio, os nen@s de 3 anos. Todo un clásico que sempre gusta.