miércoles, 12 de mayo de 2021

Queridas familias un dos establecementos que colabora coa nosa ANPA estará de aniversario o vindeiro 14 de maio

viernes, 30 de abril de 2021

ACTIVIDADE APRENDER XOGANDO

                  
     Dirixida a todo o alumnado de educación infantil, educación primaria, familias e personal docente do colexio.

 Bo día familias. 


 O próximo día 6 de maio levarase a cabo, en colaboración coa FAPACEL, a actividade on line "Materiais e recursos para aprender", orientado para pais, nais e nenas/os acompañados. 
A charla consiste en explicar unha serie de alternativas de aprendizaxe lúdicas e sinxelas a través do xogo e estratexias de gramificación familiar moi útiles para aplicar día a día na aprendizaxe, non só cando son pequen@s, senón tamén a medida que van crecendo.
O día 6 de maio enviarase un recordatorio aos grupos de whatapp e o enlace para poder unirse á charla.

Enlace: 



¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

viernes, 26 de febrero de 2021

ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS ENTROIDO DAS MERCEDES 2021 

Debaixo destas liñas deixámosvos algunhas fotos da entrega de premios do Concurso de Caretas e Antifaces deste ano, das/os afortunados no Sorteo do Entroido Virtual, e tamén da entrega de agasallos as/aos participantes.

Familias, non foi posible fotografar a todas/os os premiados, mais agardamos que vos guste esta  pequena mostra , e que  as nenas e nenos desfruten dos seus agasallos.

Grazas de novo por participar¡

O noso agradecemento tamén para o profesorado e dirección do centro pola súa colaboración.
















































domingo, 21 de febrero de 2021

 



Dende a Fapacel queren visibilizar o 8M e por iso organiza o concurso "Pinta coas gafas lilas". Os debuxos xirarán en torno á igualdad, corresponsabilidade, etc. 
Os debuxos enviaránse á dirección indicada no cartel (fapacel@gmail.com)

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! 


Entroido no colexio das Mercedes

Compartimos con todos vós o enlace do vídeo coas actividades levadas a cabo durante a semana do Entroido no cole. 



Boa semana a todos!! 😊