lunes, 20 de abril de 2020

Impresión de documentos escolares

Estes días de confinamento moitas familias teñen dificultades para a impresión do material que precisan os nenos para as súas tarefas escolares, ben por falta de acceso a material (folios, tinta, etc. ) falta de impresora na casa ou por dificultades ecónomicas.
O concello de Lugo quere paliar esta problemática e pon a disposición dos nenos con ditas dificultades a seguinte dirección de correo electrónico: 

impresionslugo@gmail.com

Ahí poderán enviar os documentos que precisen, así mesmo teñen que indicar unha dirección para facerlles chegar dito material impreso.

A entrada orixinal está na web do cole, pero deixámosvola tamén por aquí por se algunha familia non se enterou.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/549

Un saúdo todos e moito ánimo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario