lunes, 12 de noviembre de 2012

Reunión Xunta Directiva - Novembro


Queda convocada para o día  20 de novembro, martes, ás 20h na Cafetería Triade, situada na esquina da Rúa Montirón con Ronda das Mercedes.

Falaremos sobre o realizado ata agora e programaremos as vindeiras accións.

Xunta Directiva 2010/13

A Xunta Directiva do Curso 2012/13 é a seguinte:

Presidenta: María Cristina Alonso Barreiro
Vicepresidente: Xabier Bruña García
Secretario: Hector Oropeza Marturet
Tesoreiro: Carlos Amiama Ara
Vogais: 
            Froilán Pallín Seco.
            Teresa Fernandez Abe ledo.
            Esther Insua Palacios. 
            Montserrat Mouriño Ferreiro. 
            Barbara Mejuto Navarro. 

viernes, 26 de octubre de 2012

Actividades Curso 2012-13


Estas son as actividades propostas durante este curso polo ANPA:


MARTES
MÉRCORES
XOVES

16:00-17:00


Baile moderno infantil

Teatro primaria

Predeporte infantil

17:00-18:00




Lingua de signos


Xa están todas en funcionamento.
O prezo mensual de tódalas actividades é de 10 euros (excepto o de lingua de signos que será de 7,5 €). As familias socias da ANPA, pagarán  9 euros (6,5 € lingua de signos).

Aún hai prazas disponibles para todas as actividades  !animaros a participar!.

Reseva Chandal


Xa podedes facer a reserva do chándal do colexo na tenda de deportes “Élide” (Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 25 euros/unidade e nel vai impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.

Ser Socios do Anpa

Queremos recordarvos a tódolos país e nais que podedes ser socios/as da ANPA, e que ter unha ANPA numerosa e participativa é beneficioso para os nosos fillos e fillas. Para facervos socios só tedes que realizar un único ingreso de 5 € (cota anticrise) na conta da ANPA (2080-0185-10-3040005266 ) indicando o nome completo ou facendo o pago en persoa no local da ANPA. Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares organizadas por esta Asociación.

!Benvida!


A Xunta Directiva do ANPA quere saludarvos neste novo curso que empeza.
Con este Blog pretendemos informar sobre as novas e iniciativas que  vaian surxindo durante o Curso Escolar.

Estaremos todos os mércores do Curso 2012-2013 de 9:00 a 9:30 no local do Anpa, que está situado no Comedor. Ademais contamos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería).

O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es
 
Se tedes alguna dúbida, comentario ou se vos animades a participar no ANPA non dubidedes facernolo saber por alguna destas vías.