domingo, 29 de septiembre de 2019

lunes, 23 de septiembre de 2019

 
 
Houbo un erro na ficha de inscrición de extraescolares, achego a ficha correcta.
Desculpade as molestias.
 
 

jueves, 19 de septiembre de 2019

 
 
NOTA PRESENTACION ASAMBLEA PAIS E NAIS E FICHAS DE INSCRICION
 
 
Estades invitados a participar na Asamblea de Pais e Nais que terá lugar  o día 2 de outubro,  e xa tedes dispoñibles os modelos de inscrición de socios da ANPA, e de actividades extraescolares para este curso.
 Unha ANPA numerosa é una ANPA forte, así que animádevos a facervos socios e teredes  descontos nas actividades extraescolares, e en máis de 40 establecementos do barrio.
As inscricións pódense entregar no local da ANPA, os mércores de 9 a 9:30 horas, ou no buzón da ANPA, situado no vestíbulo da entrada principal do colexio.
 
 Tamén temos á venda camisetas co logo da ANPA, por só 5 euros. Dispoñemos de variedade de tallas, tanto para nenos como para adultos. Consegue a túa camiseta para lucir nas festas do colexio, e nos Roteiros pola Provincia, dos que colgaremos información en breve.  
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 


martes, 10 de septiembre de 2019

 
 
 
Dende a  ANPA das Mercedes queremos dala  benvida,  nesta andaina que comeza hoxe de novo,   a tódalas familias que formaredes parte da Comunidade Escolar neste vindeiro curso.
Camiñemos para seguir construíndo, e facendo Comunidade Educativa no noso colexio.
  
BENVIDOS AO CURSO 2019-2020 ¡¡¡¡