viernes, 20 de junio de 2014

FESTA DE FIN DE CURSO

Este ano a directiva da ANPA tivemos a gran sorte de que houbo moitos papás que colaboraron con nós en distintas actividades ó longo de todo o curso, cada un aportando o que podía en cada momento. Dende aquí o noso agradecemento a todos e cada un deles.
Nesta ocasión en concreto agradecer a Javier, o pai de Hugo, que nos deixou de bo grado as fotos da festa de fin de curso para que agora as poidades disfrutar todos. Tivemos exhibición de judo e baile, unha obra de teatro, agasallamos a unha mestra que se xubila este ano, inchables, merenda, sorteo de agasallos.... esperamos que o pasarades ben. Graciñas a todos.




















ARDE LUCUS (II)

 Darío, o papá de Sofía, pasounos unhas fotos estupendas, aí vos deixo algunhas, a ver qué vos parecen. Moitísimas gracias por compartilas con nós.






















miércoles, 18 de junio de 2014

TROCO / INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO
MÉRCORES 25 DE XUÑO DE 17 h. A 19 h.

A ANPA do CEIP “As Mercedes” propón facer unha xornada de troco/intercambio de libros de texto para o vindeiro curso 2014/2015. A intención é poñer en contacto ás persoas que queren entregar os libros de texto usados neste curso coas que queiran conseguilos para o vindeiro.
Quen desexe intercambiar os libros que empregou o seu fillo/a e conseguir outros para o vindeiro curso, ou deixalos en depósito; deberá traer os libros correspondentes nunha bolsa ao comedor do colexio o mércores 25 de xuño entre ás 17 h e as 19h.
Recoméndase que acudan as familias con libros de texo pertencentes a terceiro de primaria en adiante; por ser os libros prestables ao non traballar directamente sobre eles.

A DIRECTIVA DA ANPA
FESTA DE FIN DE CURSO
CEIP AS MERCEDES
XOVES 19 DE XUÑO
DE 16:30 h a 19:30 h

Teremos bailes, exhibición de judo, teatro, proxección imaxes de todo o curso, inchables e merenda para os máis cativos e cativas.
Non faltedes e participade con nós nesta festa que tamén é a vosa.

Os establecementos colaboradores da festa fin de curso son:
LIBRERIA CAMPUS
LIBRERIA TROLL
FROITERIA DANIEL EL VALENCIANO
FRUTAS KARI
CAFETERIA BRIOS
MAYPE
ALBA LANGUAGES
PANADERIA MONTIRON
LABORAL GIRON
TINTORERIA FONTIÑAS
LA POCIÓN MÁGICA

A todos eles o noso máis sinceiro agradecemento.
Queda claro que hai que seguir apostando por mercar no barrio.


ORGANIZA: ANPA CEIP AS MERCEDES