domingo, 27 de junio de 2021

 NO CEIP DAS MERCEDES COIDÁMONOS OS UNS AOS OUTROS 

Prezadas familias,

Este curso que xa rematou, foi un curso raro e difícil, botamos de menos actividades conxuntas da comunidade escolar, extraescolares, excursións, festas, as nosas reunións,  o contacto entre nais, pais, alumnos, persoal docente, tan necesario como alentador ; mais namentres propuxemos actividades on line, e co esforzo de tod@s conseguimos que o curso rematase sen demasiados contratempos; e que as nosas fillas e fillos tivesen un curso o máis normalizado posible.

Desde a ANPA queremos agradecer e recoñecer o esforzo realizado por toda a comunidade educativa, profesores, persoal de limpeza, comedor, mantemento, dirección, departamento orientación, mamás, papás, avóas, avós e acompañantes das alumn@s, pola responsabilidade para que os contaxios estivesen tan controlados, pero especialmente temos que darlles as grazas as nenas e nenos polo seu comportamento exemplar,   por ser os primeiros en cumprir e aceptar as normas, SODES UNS CAMPI@NS ¡¡

E aínda que este ano non poidamos facer festa de fin de curso quixemos agasallaros a cada un de vós cun pequeno detalle polo logrado neste curso 2020-2021.

Recordarvos tamén que na  páxina web do colexio tedes  colgadas todas as actividades feitas no colexio  durante o curso, e a Revista Anual elaborada coa axuda dos vosos profes durante este curso en formato dixital. Botádelle un ollo ¡

Agardando poder vivir  moitos momentos xuntos para o vindeiro curso, namentras compartimos  con todas vós algunhas das fotos do  fin de curso.


                     PARABENS RAPACES ¡¡¡

                     FELIZ VERÁN ¡¡¡



































            

                   

 


                                         DESPEDIDA ALUMNOS SEXTO CURSO

 

 PARABÉNS RAPAZ@S ¡

Rematando unha etapa para comezar outra

FELIZ VERÁN CHICAS E CHICOS ¡




c