viernes, 26 de febrero de 2021

ENTREGA DE PREMIOS E AGASALLOS ENTROIDO DAS MERCEDES 2021 

Debaixo destas liñas deixámosvos algunhas fotos da entrega de premios do Concurso de Caretas e Antifaces deste ano, das/os afortunados no Sorteo do Entroido Virtual, e tamén da entrega de agasallos as/aos participantes.

Familias, non foi posible fotografar a todas/os os premiados, mais agardamos que vos guste esta  pequena mostra , e que  as nenas e nenos desfruten dos seus agasallos.

Grazas de novo por participar¡

O noso agradecemento tamén para o profesorado e dirección do centro pola súa colaboración.
















































domingo, 21 de febrero de 2021

 



Dende a Fapacel queren visibilizar o 8M e por iso organiza o concurso "Pinta coas gafas lilas". Os debuxos xirarán en torno á igualdad, corresponsabilidade, etc. 
Os debuxos enviaránse á dirección indicada no cartel (fapacel@gmail.com)

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! 


Entroido no colexio das Mercedes

Compartimos con todos vós o enlace do vídeo coas actividades levadas a cabo durante a semana do Entroido no cole. 



Boa semana a todos!! 😊


GAÑADORES SORTEO ENTROIDO VIRTUAL 2021 


Xa temos gañadoras/es do Sorteo  de Disfraces das Mercedes.

PARABÉNS as/aos gañadores e a todos os participantes. Os premios serán entregados a semana que ven nas vosas respectivas aulas.

Todas e todos os participantes tanto no Concurso como no Entroido virtual, recibirán tamén 1  pequeno agasallo só por participar.


MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR


Lucas López Pazos  (4º B Infantil )

Max Lombardero Corveiras ( 6º A Infantil )

Airela Ónega Ferreiro ( 6º B Infantil )

Alex Jiang Seco Digón ( 1º B Primaria )

Lois Rodríguez López ( 2º B Primaria )

 

GAÑADORES CONCURSO CARETAS E ANTIFACES AS MERCEDES 2021

Xa temos gañadoras/es do Concurso de Caretas e Antifaces das Mercedes.

Temos que comunicarvos que na categoría Senior o segundo e terceiro premio quedaron desertos, por falta de participantes.

PARABÉNS as/aos gañadores e a todas/os participantes.

Os premios serán entregados a semana que ven nas vosas respectivas aulas.

Todas e todos os participantes tanto no Concurso como no Entroido virtual, recibirán tamén 1  pequeno agasallo só por participar.


MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR














lunes, 8 de febrero de 2021

      ENTROIDO AS MERCEDES 2021 🎭 

Prezadas familias animádevos a participar neste entroido virtual, disfrazándovos e tamén participando no Concurso de antifaces.

Podedes participar das seguintes maneiras:

1. Entroido virtual disfrazándovos, todas/os nenas/os, tamén xunto coas vosas familias se queredes; e subindo as vosas fotos ao seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/MfYWLvFAfeZYKMab7

e entraredes no sorteo de varios agasallos, que serán entregados as/aos nenas/os gañadores.

2. Participando no Concurso de elaboración de caretas ou antifaces, e subindo as fotos das nenas/os participantes, indicando nome da nena/o e curso ao que pertence ao seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/GARCurdpxNagRMFw6

 As bases e premios do Concurso aparecen indicadas no cartel adxunto.


                    Grazas por participar ¡