martes, 26 de noviembre de 2013

ESCOLA DE FAMILIAS

Esta semana teremos a segunda sesión da Escola de Familias, será o xoves 28 ás 19:30h na aula de inglés do centro escolar. Está invitado todo o mundo aínda que non asistirades á primeira reunión. Un dos membros da ANPA quedará ó cuidado dos cativos de aqueles de vos que non teña con quen deixalos.
 Comentarvos tamén que as próximas xuntanzas serán os días 12 de decembro e 9 e 23 de xaneiro. Animádevos a participar!

sábado, 9 de noviembre de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Recórdase ós pais que este luns dará comenzo a actividade de baloncesto ás 17 horas. Informarvos tamén de que aínda hai algunha plaza libre nesta actividade, así como na actividade de atletismo. Tamén é posible que quede algunha plaza libre en judo os mércores (estamos pendentes de confirmalo). Se estades interesados poñédevos en contacto coa anpa ou cos monitores das actividades no horario das mesmas.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Estimados pais:. 
                              invitámosvos a participar connosco na actividade- taller: "ESCOLA DE NAIS E PAIS" que se desenvolverá no colexio a partir do vindeiro xoves día 14 de novembro, as 19:30 horas, con periodicidade quincenal.
Esta actividade, organizada pola ANPA do CEIP Das Mercedes en colaboración co propio centro, pretende ser un punto de encontro e reflexión sobre a educación no que participen todos os pais/ nais que o desexen.