lunes, 10 de febrero de 2014

ESCOLA DE FAMILIAS

O xoves 30 de xaneiro clausuramos a ESCOLA DE FAMILIAS deste curso 2013- 2014. Realizamos unha avaliación da escola (que constou de cinco sesións ó longo de tres meses) e organizouse unha pequena festa. Contamos na clausura co Director do centro. As conclusión foron moi satisfactorias e xurdiron novas ideas e propostas para futuras edicións.
Esta actividade, organizada conxuntamente pola ANPA e o Colexio resultou ser moi fructífera, non so para as nais e pais que asistiron, senon para seguir tendendo pontes na Comunidades Escolar.
Graciñas por vir e ós que non puideron asistir, terán a oportunidade en vindeiras edicións.





CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O día 21 de decembro entregáronse os premios do II concurso de Postais de Nadal organizado por FAPACEL. Este ano o noso colexio non tivo moita sorte, pero entregáronse agasallos a todos aqueles que se presentaron. O agasallo deuselles no colexio a todos aqueles que non puideron acudir ese día á entrega de premios. Gracias por participar!!!
Aquí tedes unhas fotos das postais ganadoras que, por orde corresponden as seguintes ANPAS:
- INFANTIL e pertencente á ANPA LAVERDE RUIZ (Outeiro de Rei)
- 2º premio de PRIMARIA e pertencente á ANPA SAN MIGUEL DE REINANTE.
- 3º premio de PRIMARIA e pertencente á ANPA SAN MIGUEL DE REINANTE.
- 1º premio de PRIMARIA e pertencente á ANPA ANEXA (Lugo).