jueves, 25 de septiembre de 2014

ÓPTICA AFFLELOU

Unha nai pasounos esta información e decidimos colgala no blog por si alguén estivese interesado.
Na óptica afflelou campaña contra o fracaso escolar. Do 15 de Setembro ó 31 de Outubro gafas gratis para os nenos que o precisen con idade entre 5 e 7 anos. Hai que pedrir cita. É a nivel nacional.
http://www.alainafflelou.es/fundacion/campanas/prevencion-del-fracaso-escolar/

martes, 16 de septiembre de 2014

SOCIOS ANPA 2014

Os que xa erades socios da ANPA o curso pasado e desexedes seguir séndoo para este curso só tedes que pasarvos polo local da ANPA, pagar a cuota correspondente a este curso e confirmarnos os datos do curso pasado, non precisades cubrir a ficha de inscripción de novo. Os que desexedes ser socios este ano por primeira vez sí que a tedes que cubrir, disporemos de copias no local da ANPA para que a cubrades no momento se queredes. Comezaremos este mércores día 17 coas incripcións para este ano, esperámosvos! Un saúdo.

viernes, 12 de septiembre de 2014

LIBROS DE TEXTO

Queremos facervos partícipes dunha carta que lle imos entregar desde a directiva da ANPA á directiva do colexio.

A directiva da ANPA do CEIP As Mercedes considera oportuno facer chegar ao equipo docente do noso colexio o parecer de parte das familias sobre o custe dos libros de texto, sobre todo na etapa de Educación Infantil e  1º e 2º curso de Primaria, onde o material non é reutilizable, e que se achega aos 200 euros por alumno este curso.
Sen querer interferir na libre elección do profesorado en canto aos recursos materiais que utilizará durante o ano, este tamén debe ser consciente, como parte da sociedade que é, da situación de crise económica existente e das dificultades que están atravesando parte das familias.
Tamén queremos lembrar o carácter de non obrigatoriedade da etapa de educación infantil, polo que non debera ser unha carga excesiva para as familias; a gratuidade que se supón á educación obrigatoria; e que o noso é un colexio público que atende principalmente a alumnado dun contexto socio-económico medio-baixo.  
As familias son coñecedoras de que noutros colexios públicos, ás veces evitando ceder ás presións das editoriais, solicítanse 30 euros para material, ou incluso nalgúns concertados non se empregan libros en educación infantil. Neste contexto, poden darse situacións evitables de discriminación e diferenzas entre alumnado da mesma cidade.
Por todo isto, solicitamos e agradecemos que para o vindeiro curso escolar o equipo docente do CEIP AS MERCEDES considere o exposto anteriormente á hora de decidir a compra de material ou o cambio de libros de texto.
Moitas grazas.

Atentamente,
INSCRICIÓN PERSOAS SOCIAS
ANPA CEIP AS MERCEDES
CURSO 2014/2015

Unidade Familiar Socia nº: ____

Datos pai/nai e enderezos

Nome Nai.……………Apelidos……………………………………............
Nome Pai.……………Apelidos……………………………………............
Teléfono(s) de contacto para as notificacións ...............................................
Enderezo postal: …………………………………….....................................
Enderezo electrónico: …………………………………….............................
Forma pago:        ¨Banco     ¨Local       ¨Dixital     ¨Outras . . . . . . . .
Datos do/a(s) fillo/a(s):

Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Este é o resgardo que lle acredita como socia da ANPA do CEIP As Mercedes, tras o pago da cota anual. Para as distintas xestións recorde o seu número de socio.

Unidade Familiar Socia nº: ____


 DIRECTIVA DA ANPA
NOTA INFORMATIVA da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES

Desde a Xunta Directiva da ANPA dirixímonos a todas as familias deste centro educativo para informarvos das seguintes cuestións:

Queremos recordarvos a tódolos país e nais que podedes ser socios/as da ANPA, e que ter unha ANPA numerosa e participativa é beneficioso para os nosos fillos e fillas. Para facervos socios só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (ES66-3070-0030-17-6115553825) e cubrindo a ficha de alta no curso 2014/2015. Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares e o 50% nas excursións organizadas por esta asociación, amais de distintos descontos en establecementos do barrio que se poden consultar no blogue.

Podedes facer a reserva do chándal na tenda de deportes “Élide” (Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 24 euros/unidade e nel vai impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.

As actividades que organizará este curso o ANPA serán: predeporte para infantil, baile moderno para infantil, judo (todos os ciclos), atletismo, peque-fútbol (infantil) e pintura. Nos vindeiros días enviarémosvos unha comunicación co horario das actividades extraescolares (estamos pendentes do horario definitivo que terán as organizadas polo concello e o centro) e a ficha de inscrición.

O local da ANPA estará aberto todos os mércores de 9 a 9:30 h e contaremos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións, propostas ou dúbidas que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es e máis información no noso blogue: www.anpasmercedes.blogspot.com.es

Convócase ASAMBLEA de PAIS e NAIS do CEIP “As Mercedes” para o vindeiro xoves 25 de setembro ás 19:45 h no que se abordarán distintos temas do inicio do curso. Para facilitar que poidan asistir un maior número de país e nais teremos unha coidadora que atenderá os nenos e nenas mentres dura a reunión.

Recibide un cordial saúdo

A DIRECTIVA DA ANPA

BENVIDOS

Só dúas liñas para darvos a benvida a este novo curso de parte de todos os membros da directiva da ANPA. Xa comenzamos a traballar coa idea de darlles servizo os nosos fillos neste curso escolar. Próximamente comezaremos a informarvos das iniciativas que temos preparadas para este curso, por este medio e, por suposto, a través dos vosos fillos. Un saúdo.