viernes, 26 de octubre de 2018

ROTEIROS POLA COMARCA

29-10-2018



O SEGUNDO ROTEIRO POLA COMARCA,  que tivo que ser aplazado, polas inclemencias meteorolóxicas,  terá lugar o vindeiro domingo día 4 de novembro.


ANIMÁDEVOS A CAMIÑAR CON NÓS ¡¡¡





Tedes máis información sobre o roteiro no arquivo do blogue, apartado ROTEIROS POLA COMARCA,  na publicación do día 24-10-2018



jueves, 25 de octubre de 2018

INSCRIPCIONS VARIAS ANPA


Achego documentos que poden ser do voso interese, e recordade que unha ANPA numerosa é unha ANPA forte, e que co carné de socio, os comercios de cercanía do noso barrio fan descontos.




FICHA INSCRIPCION SOCIO ANPA
FICHA INSCRIPCION ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



 
 
 
 
 
 
 

miércoles, 24 de octubre de 2018

ROTEIROS POLA COMARCA

              

Este ano a nosa Anpa,  xunto con outras Anpas da nosa cidade , vai a participar en 9 roteiros para familias pola provincia de Lugo, coa intención de que sexan unhas xornadas de convivencia e lecer,  para disfrutar da natureza en comunidade.




                 ANIMÁDEVOS A CAMIÑAR CON NÓS ¡¡¡



Este domingo día 28 de outubro segundo roteiro pola comarca:
 A Agüeira-Os Grobos.

Aquelas familias que queiran poderán ír directamente ao punto de inicio da ruta ás 9.30 horas.  42º49'21.1"N7º07'07.9"W













 Información roteiro:

 Iniciaremos o camino en Cela, entre os concellos de Becerreá e as Nogais, para subir ata o Souto de Agüeira,  e despois baixar ata a  singular paraxe de Os Grobos, " o bosque encantado" onde se rodou nos anos 70 a película "O bosque do Lobo", de Pedro Olea. Alí  fárase un magosto de confraternización.
Dende alí colleremos os coches para ir a Cruzul a ver unha enciñeira, e ata a Franxa para observar o contraste entre o Enciñeiral e as fragas de carballos e castiñeiros.
Esta ruta non se recomenda para nenos moi pequenos (3-4 anos), por mor da pendiente na Ferrería.
A alternativa sería quedarse pola parte baixa e achegarse ata Os Grobos, só a 1,5 km de onde se aparcan os coches.
Duración: 3 horas, máis 1 hora magosto e Cruzul.

BOA CAMIÑADA



Máis información da ruta aquí
Máis información sobre espazo natural LIC:
https://es.slideshare.net/monadela/lic-cruzulageira
 




O pasado domingo  23 de setembro tivo lugar o primeiro dos roteiros deste ano, esta vez na Lagoa de Cospeito.
Pasámolo xenial ¡¡¡¡




Rodeamos a Lagoa, escoitamos a lenda da vila de Valverde,  vimos o Museo das Aves de Cospeito e a torre de Caldaloba

 
 
Máis fotos aquí https://photos.app.goo.gl/bNQRQbhXUa9eoVNr9

domingo, 21 de octubre de 2018


E XA CHEGA O SAMAÍN ¡¡¡¡¡¡
 
 
  O samaín xa chegou
 e con él a xente nosa
  que a escura raia pasou,
 xa saiu da negra fosa
 
 
 O vindeiro martes  día 30 de outubro a partir das 16:30 coas nosas vestimentas, calaveras e cabazas, escorrentaremos as ialmas do máis alá que nos queiran visitar, facendo unha festa. Aberta o público en xeral.
 
             ANIMÁDEVOS A VIR ¡¡¡¡
 
Se queres saber máis sobre a lenda da cabaza, a historia do samaín ou facer unas divertidas actividades entra no seguinte enlace: www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/udsamain.pdf
                                 
 

 

BENVIDOS ¡¡