viernes, 20 de diciembre de 2013

BO NADAL



 Desde a ANPA queremos desexarvos a todas as familias que formades parte da nosa escola que pasedes unhas felices festas.

jueves, 19 de diciembre de 2013

I XORNADAS MULTIDEPORTIVAS

Esta actividade ten carácter gratuíto para os socios da ANPA e os inscritos nas actividades que organiza Luzemcum ( predeporte, atletismo e baloncesto).
Será os días 26, 27 e 30 de Decembro e 2 e 3 de Xaneiro, de 11 a 13H nas instalacións da piscina municipal de Frigsa para nen@s de 6 a 12 anos.

lunes, 16 de diciembre de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Desde a ANPA convidámosvos a todas as familias deste centro á entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado por FAPACEL e que terá lugar este sábado 21 de decembro ás 13h no Museo Provincial de Lugo. Recordarvos a todos os que participastedes no concurso que se vos entregará un pequeno agasallo, ademais dos premios ós ganadores por ciclo.

martes, 10 de diciembre de 2013

ESCOLA DE FAMILIAS

Recordarvos que este xoves día 12 ás 19:30h terá lugar a terceira sesión da Escola de Familias. Nela abordaremos temas relacionados coa Educación familiar. A xuntanza terá lugar, como nas anteriores ocasións na aula de inglés do centro escolar. Animádevos a participar.




 

jueves, 5 de diciembre de 2013

LOTERÍA DE NADAL

A Asociación Raiolas de Autismo regalou ó ANPA dúas participacións de lotería de Nadal. Xogamos 8 euros co número 77.552. Desde aquí agradecerllo e a ver se ahi sorte e toca.

lunes, 2 de diciembre de 2013

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES COA ANPA

Este ano por primeira vez imos levar a cabo unha iniciativa coa que esperamos saír todos beneficiados e que, creemos desde a ANPA, é importante para todos e para ter un barrio vivo e dinámico.
Os comerciantes do barrio van facer descontos nos seus establecementos, polo que decidimos facer uns carnés que poderedes recoller tódolos socios a partir do mércores día 4 de decembro no local da ANPA. Xunto co carné entregaremos unha listaxe cos establecemetos que colaboran con esta iniciativa. Así mesmo, nos establecementos que colaboren, pegaranse carteis para unha mellor identificación dos mesmos.
Presentando o carné no establecemento aplicaránsevos os descontos automáticamente. O comerciante poderá solicitar o DNI/NIE para identificarvos. Os establecementos que se vaian unindo á iniciativa serán comunicados a través do blog.
ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:
- AGARIMO. Rúa San Roque.
- CARLÍN PAPELERÍA. Av. de Madrid.
- CARTAFOL. Av. de Madrid.
- CLÍNICA MÉDICA CONCEPCIÓN ARENAL ( SERVICIOS LOGOPEDA). Rúa Concepción Arenal.
- DASSHA. Pza Fonte do Rei.
- ÉLIDE. Músico Xosé Castiñeira.
- FLORISTERÍA ROSE FLOR. Rúa San Roque.
- XIMNASIO RITMO. Rúa Rei Don García.
- KEBAB LAS PALMERAS. Ronda Músico Xosé Castiñeira.
- LABORAL GIRÓN. Av. Fontiñas.
- LIBRERÍA CAMPUS. Rda Das Mercedes.
- LIBRERÍA TROLL. Pza Fonte do Rei.
- MAIS PASOS ZAPATEIRO. Av. Fontiñas.
- MERCERÍA MARUXAINA. Rúa Montirón.
- MI MASCOTA. Rda Músico Xosé Castiñeira.
- PELUQUERÍA TOQUES. Rúa Rei don García.

martes, 26 de noviembre de 2013

ESCOLA DE FAMILIAS

Esta semana teremos a segunda sesión da Escola de Familias, será o xoves 28 ás 19:30h na aula de inglés do centro escolar. Está invitado todo o mundo aínda que non asistirades á primeira reunión. Un dos membros da ANPA quedará ó cuidado dos cativos de aqueles de vos que non teña con quen deixalos.
 Comentarvos tamén que as próximas xuntanzas serán os días 12 de decembro e 9 e 23 de xaneiro. Animádevos a participar!

sábado, 9 de noviembre de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Recórdase ós pais que este luns dará comenzo a actividade de baloncesto ás 17 horas. Informarvos tamén de que aínda hai algunha plaza libre nesta actividade, así como na actividade de atletismo. Tamén é posible que quede algunha plaza libre en judo os mércores (estamos pendentes de confirmalo). Se estades interesados poñédevos en contacto coa anpa ou cos monitores das actividades no horario das mesmas.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Estimados pais:. 
                              invitámosvos a participar connosco na actividade- taller: "ESCOLA DE NAIS E PAIS" que se desenvolverá no colexio a partir do vindeiro xoves día 14 de novembro, as 19:30 horas, con periodicidade quincenal.
Esta actividade, organizada pola ANPA do CEIP Das Mercedes en colaboración co propio centro, pretende ser un punto de encontro e reflexión sobre a educación no que participen todos os pais/ nais que o desexen.

miércoles, 30 de octubre de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES 2013/2014

Ante a baixa demanda que tiveron algunhas actividades extraescolares (teatro e lingua de signos); propoñémosvos un novo cadro de actividades extraescolares nas que podedes inscribir aos vosos/as fillos/as. Incorpórase unha nova actividade (baloncesto os luns) e quedan prazas noutras dúas (judo (martes) e atletismo). As outras actividades están co grupo completo. O inicio dos novos grupos está pensado para principios de novembro, polo que pregamos acheguedes a inscrición antes do 31 de outubro.


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES

16:00-17:00


Atletismo

Baile moderno infantil
(grupo completo)

Judo
(grupo completo)

Predeporte infantil
(grupo completo)

17:00-18:00


Baloncesto

Judo


      

        






  

De estas actividades, marcade as que queredes inscribir os/as vosos/as fillos/as:

Datos do aluno/a:

Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Socio/a da ANPA:                  Non ¨                 Si ¨ Número:
Sinatura e DNI pai/nai:
Recordamos que se necesitan un mínimo de 10 alunos/as para que se poda realizar a actividade. O prezo mensual de tódalas actividades é de 10 euros. As familias socias da ANPA, pagarán 9 euros. Para o pago, unha vez confirmadas as actividades, indicarase a forma de pago para cada unha das actividades.

A DIRECTIVA DA ANPA

miércoles, 2 de octubre de 2013

Actividades extraescolares: Judo

Ante a gran demanda que ten esta actividade decidimos desdoblala e engadir un día a maiores do que xa tiñamos. O novo horario será os martes de 17 a 18 h. Se alguén dos que está inscrito no anterior horario       ( mércores de 16 a 17 h) quixera cambiar de horario pódese poñer en contacto coa anpa a través do noso correo electrónico ou no local da anpa.

viernes, 20 de septiembre de 2013

Inscripción de socios

Queremos recordarvos a tódolos país e nais que podedes ser socios/as da ANPA, e que ter unha ANPA numerosa e participativa é beneficioso para os nosos fillos e fillas. Para facervos socios só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (2080-0185-10-3040005266) e cubrindo a ficha de alta no curso 2013/2014. Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares organizadas por esta asociación e con distintos descontos en establecementos do barrio que se irán detallando ao longo do curso.

INSCRICIÓN PERSOAS SOCIAS
ANPA CEIP AS MERCEDES
CURSO 2013/2014

Unidade Familiar Socia nº: ____

Datos pai/nai e enderezos

Nome Nai.……………Apelidos……………………………………............
Nome Pai.……………Apelidos……………………………………............
Teléfono(s) de contacto para as notificacións ...............................................
Enderezo postal: …………………………………….....................................
Enderezo electrónico: …………………………………….............................
Forma pago:        ¨Banco     ¨Local       ¨Dixital     ¨Outras . . . . . . . .
Datos do/a(s) fillo/a(s):

Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade ..........................Curso......................................................................
Nome ..........................Apelidos.................................................................
Idade...........................Curso......................................................................
Nome..........................Apelidos..................................................................
Idade...........................Curso......................................................................
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Este é o resgardo que lle acredita como socia da ANPA do CEIP As Mercedes, tras o pago da cota anual. Para as distintas xestións recorde o seu número de socio.

Unidade Familiar Socia nº: ____

 DIRECTIVA DA ANPA

Actividades extraescolares da ANPA 2013- 2014

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES 2013/2014


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES

16:00-17:00


Atletismo

Baile moderno infantil

Judo

Predeporte infantil

17:00-18:00


Teatro primaria





Lingua de signos









De estas actividades, marcade as que queredes inscribir os/as vosos/as fillos/as:
As actividades que non son específicas para infantil, están pensadas fundamentalmente para primaria.
Datos do aluno/a:

Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Socio/a da ANPA:                  Non ¨                 Si ¨ Número:
Sinatura e DNI pai/nai:
Podedes entregar esta ficha no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería, enviando un correo electrónico ou no buzón que está frente á conserxería. O inicio das actividades extraescolares está pensada para a semana do 14 ao 20 de outubro, polo que pregamos acheguedes a inscrición antes do 14 de outubro.
Recordamos que se necesitan un mínimo de 10 alunos/as para que se poda realizar a actividade, polo que se farán os grupos en función das solicitudes. O prezo mensual de tódalas actividades é de 10 euros. As familias socias da ANPA, pagarán 9 euros. Para o pago, unha vez confirmadas as actividades, indicarase a forma de pago para cada unha das actividades.
A DIRECTIVA DA ANPA

Asamblea de pais e nais

Convócase ASAMBLEA de PAIS e NAIS do CEIP “As Mercedes” para o vindeiro mércores 25 de setembro ás 19:45 h no que se abordarán distintos temas do inicio do curso. Para facilitar que poidan asistir un maior número de país e nais teremos unha coidadora que atenderá os nenos e nenas mentres dura a reunión.

Reserva do chándal curso 2013- 2014

Podedes facer a reserva do chándal na tenda de deportes “Élide” (Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 25 euros/unidade e nel vai impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

!Benvida!

Comezamos un novo Curso que esperamos sexa proveitoso para toda a Comunidade Educativa. Dende o ANPA xa estamos a traballar para que os país e naís aportemos o mellor o noso Colexo.

Despois do nervios e os reencontros dos primeiros días vos suxerimos que vos fagades socios/as da ANPA. Para elo só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (2080-0185-10-3040005266) e cubrindo a ficha de alta no curso 2013/2014. 

Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares organizadas por esta asociación e a novidade e que este ano contarán con distintos descontos en establecementos do barrio que se irán detallando ao longo do curso.

O local da ANPA estará aberto todos os mércores de 9 a 9:30 h e contaremos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións, propostas ou dúbidas que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es

jueves, 1 de agosto de 2013

Xornada de Acollemento das Novas Familias


 O 26 de xuño, o Colexio e o ANPA organizamos unha xornada de Acollemento para as familias que en Setembro se incorporarán a nosa Comunidade Escolar, máis concretamente para as familias dos nenos de Infantil. Despois dunha presentación inicial realizamos unha visita polas instalacións do Colexio.
   
A experiencia foi moi satisfactoria, con gran éxito de participación. Esperamos repetila o Curso que ven.

lunes, 29 de julio de 2013

Festa de Fin de Curso

Na festa de Fin de Curso tivemos de todo: Actuacións, colchonetas, xogos, merenda e algo de chuvia.... pasamos unha boa tarde.

Saídas a Avifauna

O final o que ía ser unha única excursión se convertiron en tres saídas organizadas nun mes. Acudimos a Avifauna unhas 120 persoas e estas son alguns dos momentos que compartimos.

lunes, 15 de abril de 2013

Saída extraescolar 10 de maio



Imos organizar unha saída (visita a Avifauna) o venres 10 de maio pola tarde (de 16h a 20h con saída e chegada ao colexio. Hai que levar unha pequena merenda), e convida a toda a comunidade educativa a participar nela.
Os alumnos/as de primaria teñen que ter autorización do titor legal e os de infantil teñen que ir acompañados dunha persoa maior de idade. Os pais/nais que o desexen tamén poden participar na actividade e deberán cubrir tamén unha inscrición
O custe da actividade é de 3€. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ por persoa participante na actividade (2€ por persoa). O custe inclúe transporte en autocar e a entrada a Avifauna.
Podedes entregar a inscrición (xunto a pago da actividade) no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería, enviando un correo electrónico ou no buzón que está fronte á conserxería. O pago da saída podedes facelo no propio local da ANPA ou no número de conta da ANPA (Nova Galicia Banco 2080-0185-10-3040005266).
Pregamos acheguedes a inscrición antes do 3 de maio, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe.
A actividade levarase a cabo sempre que se teña un mínimo de 20 persoas inscritas, e estará limitada a un máximo de 60 persoas.

-------------------------------------------------------------------------------------------
Ficha de inscrición na saída da ANPA do 10 de maio de 2013:

Don/Dona . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .autorizo ao meu fillo/a . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .a participar na saída organizada pola ANPA CEIP “As Mercedes” o día 10 de maio de 2013 pola tarde (terá que levar bebida e pequena merenda)
No caso de infantil o acompañante será: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
En Lugo, a . . . . de . . . . . . . . . . de 2013

Asdo:___________________________________Pai/Nai/Titor
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Entregar esta inscrición xunto a xustificante de pago á ANPA do CEIP “As Mercedes”

viernes, 15 de marzo de 2013

Nova Xuntanza de Pais de 6º


Ante os problemas surxidos coas decisións tomadas na anterior xuntanza (con respecto o destino da excursión) e para seguir avanzando sobre o tema, convócase XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria do CEIP "As Mercedes" para o vindeiro martes 19 de marzo ás 19:45 h no aula de sexto.

miércoles, 6 de febrero de 2013

Segunda Xuntanza para a organización da Excursión de 6º




Convócase á segunda XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria  para o vindeiro mércores 6 de febreiro ás 19:45 h na aula de sexto levaremos entre todos propostas de destinos e financiación da excursión de Fin de Curso.

jueves, 10 de enero de 2013

Xuntanza cos pais e nais de alumnos de 6º


Despois do Nadal reanudamos á actividade convocando unha Xuntanza de pais e nais de 6º de primaria  para o vindeiro mércores 16 de xaneiro ás 19:45 h na aula de sexto, coa fin de definir cuestións realacionadas coa excursión de fin de curso de 6º de primaria.