miércoles, 30 de enero de 2019


FESTA DO ENTROIDO HISTÓRICO

Desta volta no entroido daremos un gran salto no tempo, desde a era dos mamuts , galoparemos cos cabaleiros da táboa redonda, descubriremos América, e tras o fin da Revolución francesa, entraremos na época contempóranea,  e xa coa gran revolución industrial e o modernismo, achegarémonos ata a  actualidade.
Busca o teu disfraz, e acompáñanos nesta viaxe no tempo onde haberá música, xogos tradicionais, merenda, sorpresas e sorteos.




miércoles, 16 de enero de 2019


ROTEIROS POLA COMARCA 🚶


Roteiro dos 7 muíños - Roteiro da Auga e a Pedra Guitiríz 
      
             " Unha noite no muíño
              unha noite non é nada
              unha semaniña enteira
              esa sí que é muiñada "



Distancia total: 7,5 km (3 horas) - parcialmente circular.
Variante: só roteiro 7 Muiños e subida á vila ou volta sobre os nosos pasos (38/40 minutos), boa opción para nenos/as pequenos.
Dificultade: Baixa
Nenos: Sí
Para comer:  Feira en Parga
Visita pola tarde: Casa Museo Victor Corral - Baamonde.

Recoméndase levar roupa de recambio se chovera.


Máis información roteiro:

Senda fluvial, que neste caso comezaremos no río da Veiga,  a tan só un km do centro de Guitiríz,  e que despois bordea o río Escádebas, onde se poden observar ata 5 muíños de auga, varias pontes, unha piscina natural, un caneiro e pequenas cascadas.
O nome de " Sete Muíños" é debido as 7 rodas de pedra que rodean o conxunto, xa que os muíños son só 5.
O muíño é unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda na paisaxe galega,  e adicada a un elemento básico da alimentación,  como é o pan. Aínda que agora en desuso, tiveron un importante valor económico e de relacións sociais na Galicia rural, existen moitos tipos deles, e neste roteiro en concreto consérvase algo relacionado cos muíños, que non se adoita ver noutras partes. Existen infinidade de cantigas que reflicten a vida cotiá nos muíños,  e dos muíñeiros e muíñeiras, que como pasaban a noite en vela, e había moita necesidade, decían deles que eran moi pillos e parrandeiros.  

      ó muíño da fervenza              
        eu vou por pasear                    
     que ía por facer a bola          
  e máis por parrandear       


quixera ser muíñeiro
       pra me enfoular na fariña
     ¡ levaría branca a pucha
     non cobraría a maquía ¡



                                 mui muíño, mui muíño
                                 bótame a fariña fora
                                 que a filla da muiñeira
                                 ten un cantar que namora

Partiremos do colexio ás 10 horas. O punto de encontro será na gasolineira na entrada da vila de Guitiríz, na N VI. Ao redor hai bo sitio para aparcar. Para a xente que quede a comer pola zona, ese domingo hai feira en Parga, e a especialidade do lugar son os callos.
Para a tarde está prevista a visita á Casa Museo de Víctor Corral ás 17 horas. A entrada é de balde.


BOA CAMIÑADA ¡¡¡


jueves, 10 de enero de 2019



ESCOLA DE FAMILIAS


Como en anteriores anos, desde a ANPA, queremos invitarvos a que participedes na primeira actividade da ESCOLA DE FAMILIAS deste ano.
É unha actividade de balde, hai que inscribirse previamente ( envíaronse notas nas mochilas dos nenos para facilitar a inscrición).
Haberá servicio de canguro, para facilitar a vosa asistencia.


Animádevos a participar ¡¡¡