viernes, 20 de diciembre de 2013

BO NADAL



 Desde a ANPA queremos desexarvos a todas as familias que formades parte da nosa escola que pasedes unhas felices festas.

jueves, 19 de diciembre de 2013

I XORNADAS MULTIDEPORTIVAS

Esta actividade ten carácter gratuíto para os socios da ANPA e os inscritos nas actividades que organiza Luzemcum ( predeporte, atletismo e baloncesto).
Será os días 26, 27 e 30 de Decembro e 2 e 3 de Xaneiro, de 11 a 13H nas instalacións da piscina municipal de Frigsa para nen@s de 6 a 12 anos.

lunes, 16 de diciembre de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Desde a ANPA convidámosvos a todas as familias deste centro á entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado por FAPACEL e que terá lugar este sábado 21 de decembro ás 13h no Museo Provincial de Lugo. Recordarvos a todos os que participastedes no concurso que se vos entregará un pequeno agasallo, ademais dos premios ós ganadores por ciclo.

martes, 10 de diciembre de 2013

ESCOLA DE FAMILIAS

Recordarvos que este xoves día 12 ás 19:30h terá lugar a terceira sesión da Escola de Familias. Nela abordaremos temas relacionados coa Educación familiar. A xuntanza terá lugar, como nas anteriores ocasións na aula de inglés do centro escolar. Animádevos a participar.




 

jueves, 5 de diciembre de 2013

LOTERÍA DE NADAL

A Asociación Raiolas de Autismo regalou ó ANPA dúas participacións de lotería de Nadal. Xogamos 8 euros co número 77.552. Desde aquí agradecerllo e a ver se ahi sorte e toca.

lunes, 2 de diciembre de 2013

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES COA ANPA

Este ano por primeira vez imos levar a cabo unha iniciativa coa que esperamos saír todos beneficiados e que, creemos desde a ANPA, é importante para todos e para ter un barrio vivo e dinámico.
Os comerciantes do barrio van facer descontos nos seus establecementos, polo que decidimos facer uns carnés que poderedes recoller tódolos socios a partir do mércores día 4 de decembro no local da ANPA. Xunto co carné entregaremos unha listaxe cos establecemetos que colaboran con esta iniciativa. Así mesmo, nos establecementos que colaboren, pegaranse carteis para unha mellor identificación dos mesmos.
Presentando o carné no establecemento aplicaránsevos os descontos automáticamente. O comerciante poderá solicitar o DNI/NIE para identificarvos. Os establecementos que se vaian unindo á iniciativa serán comunicados a través do blog.
ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:
- AGARIMO. Rúa San Roque.
- CARLÍN PAPELERÍA. Av. de Madrid.
- CARTAFOL. Av. de Madrid.
- CLÍNICA MÉDICA CONCEPCIÓN ARENAL ( SERVICIOS LOGOPEDA). Rúa Concepción Arenal.
- DASSHA. Pza Fonte do Rei.
- ÉLIDE. Músico Xosé Castiñeira.
- FLORISTERÍA ROSE FLOR. Rúa San Roque.
- XIMNASIO RITMO. Rúa Rei Don García.
- KEBAB LAS PALMERAS. Ronda Músico Xosé Castiñeira.
- LABORAL GIRÓN. Av. Fontiñas.
- LIBRERÍA CAMPUS. Rda Das Mercedes.
- LIBRERÍA TROLL. Pza Fonte do Rei.
- MAIS PASOS ZAPATEIRO. Av. Fontiñas.
- MERCERÍA MARUXAINA. Rúa Montirón.
- MI MASCOTA. Rda Músico Xosé Castiñeira.
- PELUQUERÍA TOQUES. Rúa Rei don García.