miércoles, 29 de enero de 2014

ESCOLA DE FAMILIAS

Recordarvos que este xoves 30 ás 19:30h será a quinta e última sesión da Escola de Familias. Nela faremos unha evaluación para ver cómo podemos mellorar as futuras escolas e organizaremos unha pequena festa de clausura. Como sempre animámosvos a asistir aínda que non viñerades a ningunha das anteriores. Haberá servicio de canguro.

sábado, 25 de enero de 2014

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES COA ANPA

Notificarvos que temos dúas incorporacións ós establecementos colaboradores coa ANPA:
 -MINISTORE. Tenda de agasallos na av da Coruña, 15% de desconto.
 -LA POCIÓN MÁGICA. Av. Vilaverde. 5% de desconto en cumpleanos, 10% en cumpleanos de máis de 200 euros.
 FE DE ERROS: no anterior listado de establecementos colaboradores puxemos zapatería MÁIS PASOS, cando en realidade é un zapateiro. Disculpade as molestias, xa aparece correxido no listado correspondente. 

martes, 14 de enero de 2014

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Invitámosvos a continuar participando connosco nas dúas últimas sesións da actividade- taller "ESCOLA DE NAIS E PAIS" que se desenvolverán no colexio o vindeiro xoves día 16 de xaneiro e, por último, o xoves día 30 de xaneiro, ás 19:30h.
Esta actividade, organizada pola ANPA en colaboración co propio centro, pretende ser un punto de encontro e reflexión sobre a educación e está aberta á participación de todos os pais e nais aínda que non asistisen ás sesións anteriores.