sábado, 31 de mayo de 2014

EXCURSIÓN A AVIFAUNA

E como última excursión da ANPA deste curso temos a dos máis pequenos dos nosos nenos. Este ano foron acompañados dos seus pais ó centro de Avifauna.  E para rematar a visita houbo un tempo para a merenda e o esparcimento. Ollade as fotos.
Gracias por acompañarnos, esperamos que todos os nenos disfrutasen dunhas excursións feitas con cariño por parte da ANPA. O próximo ano máis e mellor. Unha aperta a todos.










miércoles, 28 de mayo de 2014

EXCURSIÓN A PIORNEDO- ANCARES

Este sábado 24 de Maio tivo lugar a segunda fase do intercambio cos alumnos do colexio de Cervantes. Os nosos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria foron de roteiro e disfrutaron das fermosas paisaxes da montaña lucense, estiveron visitando as pallozas.... Desde aquí o noso agradecemento a todos os que fixeron posible levar a cabo esta excursión na que os nenos disfrutaron moitísimo. Ahí vos van unhas fotos de mostra.














EXCURSIÓN CEIP DE CERVANTES

Este pasado día 22 de maio, os alumnos de Cervantes viñeron a visitar Lugo como primeira fase dun intercambio co noso colexio. Neste día os nenos puideron disfrutar dunha visita guiada por Lugo dan man da nai dunha alumna do centro que nos ofreceu os seus servicios de guia turística de maneira totalmente desinteresada, desde aqui o noso agradecemento. Despois dunha mañá de visita cultural a tarde foi máis lúdica da man do noso adestrador das actividades extraescolares de atletismo e basket no colexio e coa colaboración de algún dos membros da ANPA. Como vedes, pasárono xenial.











domingo, 11 de mayo de 2014

SAÍDA EXTRAESCOLAR 30 de MAIO 2014
a AVIFAUNA DE 4º INFANTIL

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión a Avifauna o venres 30 de maio (saída ás 16:15 h da rúa do Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 20 h), e convida aos alumnos, alumnas, pais e nais de 4º de Infantil deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e pequena merenda. Ademais cada neno/a deberá vir acompañado por unha persoa maior de idade.
O custe da actividade é de 5 € por persoa. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (4€). O custe inclúe transporte e a entrada en Avifauna.
A data límite de inscrición é o 21 de maio, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (14 ou 21 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h ou o venres (16 de maio) de 9 a 10h.


A DIRECTIVA DA ANPA
SAÍDA EXTRAESCOLAR 24 de MAIO 2014
4º, 5º e 6º PRIMARIA

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión a Cervantes-Ancares (viaxe de intercambio co CEIP de Cervantes) o sábado 24 de maio (saída ás 9h da rúa do Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 20 h), e convida aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e comida para o xantar.
O custe da actividade é de 10 €. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (9€). O custe inclúe transporte, roteiro e actividades en Cervantes.
A data límite de inscrición é o 21 de maio, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (14 ou 21 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h ou o venres (16 de maio) de 9 a 10h.


A DIRECTIVA DA ANPA

EXCURSIÓN A MONFORTE

O pasado día 10 de Maio o alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria foron de excursión a Monforte acompañados de membros da directiva da ANPA. Saimos da Estación de Lugo para unha breve viaxe en tren (para moitos nenos era a primeira vez que utilizaban este transporte) e despois de ver o museo do tren en Monforte e unha pequena visita polos arredores voltamos novamente no tren.Tanto os pequenos como os maiores pasárono xenial. Botádelle unha ollada as fotos... todo un éxito.











ARDE LUCUS

Durante varios días algunhas das componentes da directiva da ANPA estiveron cortando as telas que despois se repartiron entre as distintas familias que formaremos parte do desfile deste ano do arde Lucus. Ademais unironse a nos duas avoas e unha nai de alumnos do centro para botarnos unha man. Desde aquí o noso agradecemento polo traballo realizado e o tempo cedido de balde para axudarnos.