lunes, 15 de abril de 2013

Saída extraescolar 10 de maio



Imos organizar unha saída (visita a Avifauna) o venres 10 de maio pola tarde (de 16h a 20h con saída e chegada ao colexio. Hai que levar unha pequena merenda), e convida a toda a comunidade educativa a participar nela.
Os alumnos/as de primaria teñen que ter autorización do titor legal e os de infantil teñen que ir acompañados dunha persoa maior de idade. Os pais/nais que o desexen tamén poden participar na actividade e deberán cubrir tamén unha inscrición
O custe da actividade é de 3€. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ por persoa participante na actividade (2€ por persoa). O custe inclúe transporte en autocar e a entrada a Avifauna.
Podedes entregar a inscrición (xunto a pago da actividade) no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería, enviando un correo electrónico ou no buzón que está fronte á conserxería. O pago da saída podedes facelo no propio local da ANPA ou no número de conta da ANPA (Nova Galicia Banco 2080-0185-10-3040005266).
Pregamos acheguedes a inscrición antes do 3 de maio, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe.
A actividade levarase a cabo sempre que se teña un mínimo de 20 persoas inscritas, e estará limitada a un máximo de 60 persoas.

-------------------------------------------------------------------------------------------
Ficha de inscrición na saída da ANPA do 10 de maio de 2013:

Don/Dona . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .autorizo ao meu fillo/a . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .a participar na saída organizada pola ANPA CEIP “As Mercedes” o día 10 de maio de 2013 pola tarde (terá que levar bebida e pequena merenda)
No caso de infantil o acompañante será: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
En Lugo, a . . . . de . . . . . . . . . . de 2013

Asdo:___________________________________Pai/Nai/Titor
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Entregar esta inscrición xunto a xustificante de pago á ANPA do CEIP “As Mercedes”