miércoles, 11 de marzo de 2015


SAÍDA EXTRAESCOLAR 25 deMarzo 2015

5º INFANTIL

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión ao parque de Marcelle (Outeiro de Rei) o mércores 25 de marzo  (saída en autocar ás 15:45h fronte ao Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 19:30h), e convida aos alumnos e alumnas de  5º de Infantil deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e comida para a merenda.
O custe da actividade é de 10 €. As familias socias da ANPA terán un desconto do 50% (5€). O custe inclúe transporte en autocar, entrada no parque+reserva e monitores (que se encargarán de acompañar e guíar ao grupo en todo momento).
A data límite de inscrición é o18 de marzo, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. O número máximo de participante é de 34 (seguirase rigorosa orde de inscrición). Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (11 de marzo) de 9 a 10h , ou o mércores (18 de marzo)  de 9 a 10h e de 19 a 20h.

A DIRECTIVA DA ANPA