domingo, 16 de noviembre de 2014

ESCOLA DE FAMILIAS

Este xoves día 20 de novembro terá lugar a segunda sesión da Escola de Familias. O horario é de 19:45 a 21h da noite.
Falaremos sobre a relación Escola- Familia.
Durante a mesma haberá servicio de canguro para facilitarvos a asistencia. Esperámosvos.

jueves, 13 de noviembre de 2014

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES

Engádense á xa longa lista os seguintes:

- APORTA MOBLES. San Roque/ c/ Montirón. Mobiliario de oficina e formación 15%; sillería de oficina e formación 20%.
- YOMAR PASTELERÍA. 5% en pastelería e confitería.
- No PAZO DE LA MAZA as seguintes tendas:

  •  ADOLFO DOMINGUEZ LÍNEA U. 10% de desconto
  • ADOLFO DOMINGUEZ NENOS. 15% de desconto
  • IMAGINARIUM. 10% de desconto
  • PAZO PARK FLAS DINO 15% de desconto                                                                                                                          non se aplicarán descontos en ofertas nin en periodo de rebaixas.

Unha imaxe vale mais que un cento de palabras. Noraboa!!!




http://www.fundaciontic.org/contenidos.asp?m=20&m1=20&id=2131

lunes, 10 de noviembre de 2014

TALLER CREATIVO

Estas son unhas fotos do taller creativo do pasado xoves 6 de novembro.






ESCOLA DE FAMILIAS




Moitas gracias a todos pola vosa asistencia, todo un éxito!!!
Recordarvos os que non puidestedes vir por calquera motivo que vos podedes incorporar a calquera das sesións que teremos ó longo do ano e das que xa  vos iremos informando. Un saúdo.










viernes, 31 de octubre de 2014

ESCOLA DE FAMILIAS

Comeza de novo este curso a Escola de Familias do Colexio C.E.I.P As Mercedes. A primeira sesión será o día 6 de novembro ás 19:45, constará en total de seis sesións que terán unha periodicidade de quince días, rematando en febreiro. Desenvolveranse nas aulas do colexio, e é unha actividade gratuita e na que aquel que o desexe pode incorporarse en calquera das sesións.
As facilitadoras serán Montse Recondo orientadora do colexio, Susana Fernández profesora de infantil e Cristina Alonso educadora social e presidenta do ANPA.
O formato escollido é o mesmo que o da última edición, traballar de forma participativa e activa diferentes temas: relación familia-escola, educación na familia, autoestima, afrontamento do estres..... e en xeral todos aqueles temas que sexan de importancia para a Comunidade Educativa.
Á mesma hora da Escola haberá un servicio de canguro para facilitar as familias a asistencia.

Tanto o Colexo como a ANPA, que quedamos moi satisfeitos cos resultados desta iniciativa que comezamos o curso pasado, esperamos que volva a ter o mesmo éxito. 

miércoles, 29 de octubre de 2014

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES

ACTUALIZACIÓN do 15 de Maio do 2015

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES ANPA DO CEIP AS MERCEDES


CARLIN PAPELERIA Av de Madrid. 5% de desconto sobre catálogo de ofertas.


CARTAFOL Av de Madrid 10% de desconto sobre venta ó público.


LIBRERÍA TROLL Pz Fonte do Rei 10% de desconto en libros de texto e material escolar.


AGARIMO Rúa San Roque 10% en papelería e disfraces.
5% en chuches e complementos.


LIBRERÍA CAMPUS Rd. Das Mercedes 10% desconto en material escolar e de regalo 5% en libros de texto.


EL FARO DE LOS TRES MUNDOS Pz San Marcos, rúa Curros Enríquez e rúa Rosalía de Castro (A Coruña) 5% de desconto en libros y en xogos (para libros de texto ver ofertas especiales).


ELIDE Músico Xosé Castiñeira 30% desconto.


FLORISTERÍA ROSE FLOR Rúa San Roque, 173 10% desconto todo o ano.


FLORISTERÍA D ´CARMEN Av das Fontiñas, 205 10% desconto todo o ano.




CLINICA DENTAL FONS SACRA.- LORENA GUERREIRO. Rúa Pintor Laxeiro. 15% desconto en tratamentos, revisións anuais gratuitas, radiografías sen coste, financiacións a medida.


CLINICA MEDICA CONCEPCIÓN ARENAL.(SERVICIOS DE LOGOPEDA) Rúa Concepción Arenal. 20% de descontos en sesións de logopeda e en asistencia a domicilio.


GALIAPARK Rúa San Isidro Labrador. 5% de desconto en cumpleanos.


GALWY CENTRO INFANTIL Pz Comandante Manso. 5% de desconto en cumpleanos de menos de 200 euros. 10% de desconto en cumpleanos de máis de 200 euros. Ademais 5% descontó en talleres fines de semana de 11.30 a 13 horas.


A CASA DOS TRASNOS Av da Coruña 10% desconto en cumpleanos.


LA POCION MAGICA Av. Vilaverde. 5% desconto en cumpleanos de menos de 100 euros. 10% en cumpleaños de mais de 100 euros.


XIMNASIO RITMO LUGO Rúa Rei Don García. Matrícula gratis. 15% de desconto en horario de mañás.


RITMO LUGO ESCOLA DE DANZA Rúa Montirón 10% en matrícula e mensualidades.


KEBAB LAS PALMERAS Rd Músico Xose Castiñeira. 10% desconto todo o ano.


MI MASCOTA Rd Xosé Castiñeira 10% desconto todo o ano.


LABORAL GIRON Av. Fontiñas. 5%de desconto todo o ano.



MAYPE ELECTRODOMESTICOS Av. Fontiñas. 10% de desconto todo o ano.


MINESTORE Av da Coruña 10% de deconto todo o ano.


MUSICAL ALLEGRO Rúa Vilaverde . 10% de desconto todo o ano.


PELUQUERIA TOQUES Rúa Rei Don García 10% de desconto todo o ano.


PASTELERIA YOMAR Rúa Pintor Laxeiro 5% en pastelería e confitería.


ACADEMIA TOTAL ENGLISH SCHOOL. Pz Augas Ferreas. Informarse no teféfono 982-812503.
Precio matrícula: descuento 50%. Precio matrícula 15 euros
Precio clases septiembre 50% . Precio mes de septiembre 26 euros mes.


PAZO DA MAZA

IMAGINARIUM 10% desconto
ADOLFO DOMÍNGUEZ LINEA U 10% desconto
ADOLFO DOMINGUEZ NENOS 15% desconto
PAZO PARK 15% desconto

Non se aplicarán ofertas en descontos nin en periodo de rebaixas.

APORTA MOBLES San Roque /Montirón 20 % sillería de oficina e formación. 15% mobiliario de oficina e formación.






O listado dos establecementos tamén se pode consultar no blogue do anpa.
Os interesados en facer o carnet de socio e beneficiarse dos descontos en establecementos do barrio poñanse en contacto coa Anpa.
Horario apertura local do ANPA: Mércores de 9 9.30 horas.
www.anpasmercedes.blogspot.com.es




jueves, 25 de septiembre de 2014

ÓPTICA AFFLELOU

Unha nai pasounos esta información e decidimos colgala no blog por si alguén estivese interesado.
Na óptica afflelou campaña contra o fracaso escolar. Do 15 de Setembro ó 31 de Outubro gafas gratis para os nenos que o precisen con idade entre 5 e 7 anos. Hai que pedrir cita. É a nivel nacional.
http://www.alainafflelou.es/fundacion/campanas/prevencion-del-fracaso-escolar/

martes, 16 de septiembre de 2014

SOCIOS ANPA 2014

Os que xa erades socios da ANPA o curso pasado e desexedes seguir séndoo para este curso só tedes que pasarvos polo local da ANPA, pagar a cuota correspondente a este curso e confirmarnos os datos do curso pasado, non precisades cubrir a ficha de inscripción de novo. Os que desexedes ser socios este ano por primeira vez sí que a tedes que cubrir, disporemos de copias no local da ANPA para que a cubrades no momento se queredes. Comezaremos este mércores día 17 coas incripcións para este ano, esperámosvos! Un saúdo.

viernes, 12 de septiembre de 2014

LIBROS DE TEXTO

Queremos facervos partícipes dunha carta que lle imos entregar desde a directiva da ANPA á directiva do colexio.

A directiva da ANPA do CEIP As Mercedes considera oportuno facer chegar ao equipo docente do noso colexio o parecer de parte das familias sobre o custe dos libros de texto, sobre todo na etapa de Educación Infantil e  1º e 2º curso de Primaria, onde o material non é reutilizable, e que se achega aos 200 euros por alumno este curso.
Sen querer interferir na libre elección do profesorado en canto aos recursos materiais que utilizará durante o ano, este tamén debe ser consciente, como parte da sociedade que é, da situación de crise económica existente e das dificultades que están atravesando parte das familias.
Tamén queremos lembrar o carácter de non obrigatoriedade da etapa de educación infantil, polo que non debera ser unha carga excesiva para as familias; a gratuidade que se supón á educación obrigatoria; e que o noso é un colexio público que atende principalmente a alumnado dun contexto socio-económico medio-baixo.  
As familias son coñecedoras de que noutros colexios públicos, ás veces evitando ceder ás presións das editoriais, solicítanse 30 euros para material, ou incluso nalgúns concertados non se empregan libros en educación infantil. Neste contexto, poden darse situacións evitables de discriminación e diferenzas entre alumnado da mesma cidade.
Por todo isto, solicitamos e agradecemos que para o vindeiro curso escolar o equipo docente do CEIP AS MERCEDES considere o exposto anteriormente á hora de decidir a compra de material ou o cambio de libros de texto.
Moitas grazas.

Atentamente,
INSCRICIÓN PERSOAS SOCIAS
ANPA CEIP AS MERCEDES
CURSO 2014/2015

Unidade Familiar Socia nº: ____

Datos pai/nai e enderezos

Nome Nai.……………Apelidos……………………………………............
Nome Pai.……………Apelidos……………………………………............
Teléfono(s) de contacto para as notificacións ...............................................
Enderezo postal: …………………………………….....................................
Enderezo electrónico: …………………………………….............................
Forma pago:        ¨Banco     ¨Local       ¨Dixital     ¨Outras . . . . . . . .
Datos do/a(s) fillo/a(s):

Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Este é o resgardo que lle acredita como socia da ANPA do CEIP As Mercedes, tras o pago da cota anual. Para as distintas xestións recorde o seu número de socio.

Unidade Familiar Socia nº: ____


 DIRECTIVA DA ANPA
NOTA INFORMATIVA da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES

Desde a Xunta Directiva da ANPA dirixímonos a todas as familias deste centro educativo para informarvos das seguintes cuestións:

Queremos recordarvos a tódolos país e nais que podedes ser socios/as da ANPA, e que ter unha ANPA numerosa e participativa é beneficioso para os nosos fillos e fillas. Para facervos socios só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (ES66-3070-0030-17-6115553825) e cubrindo a ficha de alta no curso 2014/2015. Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares e o 50% nas excursións organizadas por esta asociación, amais de distintos descontos en establecementos do barrio que se poden consultar no blogue.

Podedes facer a reserva do chándal na tenda de deportes “Élide” (Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 24 euros/unidade e nel vai impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.

As actividades que organizará este curso o ANPA serán: predeporte para infantil, baile moderno para infantil, judo (todos os ciclos), atletismo, peque-fútbol (infantil) e pintura. Nos vindeiros días enviarémosvos unha comunicación co horario das actividades extraescolares (estamos pendentes do horario definitivo que terán as organizadas polo concello e o centro) e a ficha de inscrición.

O local da ANPA estará aberto todos os mércores de 9 a 9:30 h e contaremos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións, propostas ou dúbidas que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es e máis información no noso blogue: www.anpasmercedes.blogspot.com.es

Convócase ASAMBLEA de PAIS e NAIS do CEIP “As Mercedes” para o vindeiro xoves 25 de setembro ás 19:45 h no que se abordarán distintos temas do inicio do curso. Para facilitar que poidan asistir un maior número de país e nais teremos unha coidadora que atenderá os nenos e nenas mentres dura a reunión.

Recibide un cordial saúdo

A DIRECTIVA DA ANPA

BENVIDOS

Só dúas liñas para darvos a benvida a este novo curso de parte de todos os membros da directiva da ANPA. Xa comenzamos a traballar coa idea de darlles servizo os nosos fillos neste curso escolar. Próximamente comezaremos a informarvos das iniciativas que temos preparadas para este curso, por este medio e, por suposto, a través dos vosos fillos. Un saúdo.

viernes, 20 de junio de 2014

FESTA DE FIN DE CURSO

Este ano a directiva da ANPA tivemos a gran sorte de que houbo moitos papás que colaboraron con nós en distintas actividades ó longo de todo o curso, cada un aportando o que podía en cada momento. Dende aquí o noso agradecemento a todos e cada un deles.
Nesta ocasión en concreto agradecer a Javier, o pai de Hugo, que nos deixou de bo grado as fotos da festa de fin de curso para que agora as poidades disfrutar todos. Tivemos exhibición de judo e baile, unha obra de teatro, agasallamos a unha mestra que se xubila este ano, inchables, merenda, sorteo de agasallos.... esperamos que o pasarades ben. Graciñas a todos.




















ARDE LUCUS (II)

 Darío, o papá de Sofía, pasounos unhas fotos estupendas, aí vos deixo algunhas, a ver qué vos parecen. Moitísimas gracias por compartilas con nós.