domingo, 26 de abril de 2020

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Aínda que virtualmente, o cole e as familias celebraron o 23 de abril, día do Libro, por todo o grande.

Deixámosvos o enlace a un par de vídeos de debuxos e marcapáxinas feitas polos nenos do noso cole:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/558

Ademáis, outro video no que os profes recollen todas as recomendacións de libros que enviaron os nenos e as familias para dita celebración:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/560

E por último, un conto sobre o medo e o confinamento, e como os libros nos poden axudar a vencer dito medo, estes días nos que os nenos poden empezar a sair á rúa despois de tantos días encerrados e nos que poden xurdir medos ou preguntas.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/556

Un saúdo a todos e seguidevos coidando!!




lunes, 20 de abril de 2020

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Este xoves 23 de abril celebrase o día do libro. Aínda que as clases estén suspendidas, o cole quere facernos partícipes da celebración e invita os nenos e ás familias a compartir o libro que estemos a ler.

Tedes todos os detalles no enlace seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/551

Un saúdo a todos e feliz día do libro!


Impresión de documentos escolares

Estes días de confinamento moitas familias teñen dificultades para a impresión do material que precisan os nenos para as súas tarefas escolares, ben por falta de acceso a material (folios, tinta, etc. ) falta de impresora na casa ou por dificultades ecónomicas.
O concello de Lugo quere paliar esta problemática e pon a disposición dos nenos con ditas dificultades a seguinte dirección de correo electrónico: 

impresionslugo@gmail.com

Ahí poderán enviar os documentos que precisen, así mesmo teñen que indicar unha dirección para facerlles chegar dito material impreso.

A entrada orixinal está na web do cole, pero deixámosvola tamén por aquí por se algunha familia non se enterou.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/549

Un saúdo todos e moito ánimo!



RECOPILACIÓN DE PROPOSTAS E TAREFAS DA WEB DO COLEXIO

Boas tardes familias.

Estes días estivemos algo desconectados do blogue, son tantos cambios que se sucederon nas nosas vidas esta tempada que nos foi imposible actualizalo como nos gustaría.

Tentaremos que a partir de agora a actualización sexa máis contínua.

Empezamos deixándovos as propostas de actividades e traballos para os nenos da escola, ordenados por idades.

Iremos actualizando esta entrada periódicamente para que poidades ter un acceso rápido e ordenado a toda esta información:

(ACTUALIZADO A 26 DE ABRIL)

COMÚN PARA TODOS OS NIVELES:
MÚSICA

INFANTIL 3 ANOS:

INFANTIL 4 ANOS:
INFANTIL 5 ANOS:

1º PRIMARIA
INGLÉS

2º PRIMARIA
INGLÉS

3º PRIMARIA
DEBERES 3ºB
INGLÉS
NATUREZA 3ºA
PLÁSTICA

4º PRIMARIA
PLÁSTICA

5º PRIMARIA
INGLÉS

6º PRIMARIA
INGLÉS

Un saúdo a todos e coidádevos!



miércoles, 1 de abril de 2020

INFORMACION FAMILIAS SEGUNDA AVALIACION

Na páxina web do colexio están colgadas as indicacións para acceder ao boletín de notas dos alumnos a través da aplicación móvil Avalar
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/
 
Animo a todas/os
Saúdos afectuosos

AVISO FAMILIAS DEPARTAMENTO ORIENTACION

Ola familias

Desde o departamento de orientación do colexio nos indican que aquelas familias que precisen falar directamente coa orientadora, se poñan en contacto por correo electrónico coas tutoras/es de cada curso, e desde o departamento de orientación poñéranse en contacto coas familias telefónicamente.

Animo e saúdos afectuosos