lunes, 15 de abril de 2013

Saída extraescolar 10 de maio



Imos organizar unha saída (visita a Avifauna) o venres 10 de maio pola tarde (de 16h a 20h con saída e chegada ao colexio. Hai que levar unha pequena merenda), e convida a toda a comunidade educativa a participar nela.
Os alumnos/as de primaria teñen que ter autorización do titor legal e os de infantil teñen que ir acompañados dunha persoa maior de idade. Os pais/nais que o desexen tamén poden participar na actividade e deberán cubrir tamén unha inscrición
O custe da actividade é de 3€. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ por persoa participante na actividade (2€ por persoa). O custe inclúe transporte en autocar e a entrada a Avifauna.
Podedes entregar a inscrición (xunto a pago da actividade) no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería, enviando un correo electrónico ou no buzón que está fronte á conserxería. O pago da saída podedes facelo no propio local da ANPA ou no número de conta da ANPA (Nova Galicia Banco 2080-0185-10-3040005266).
Pregamos acheguedes a inscrición antes do 3 de maio, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe.
A actividade levarase a cabo sempre que se teña un mínimo de 20 persoas inscritas, e estará limitada a un máximo de 60 persoas.

-------------------------------------------------------------------------------------------
Ficha de inscrición na saída da ANPA do 10 de maio de 2013:

Don/Dona . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .autorizo ao meu fillo/a . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .a participar na saída organizada pola ANPA CEIP “As Mercedes” o día 10 de maio de 2013 pola tarde (terá que levar bebida e pequena merenda)
No caso de infantil o acompañante será: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
En Lugo, a . . . . de . . . . . . . . . . de 2013

Asdo:___________________________________Pai/Nai/Titor
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Entregar esta inscrición xunto a xustificante de pago á ANPA do CEIP “As Mercedes”

viernes, 15 de marzo de 2013

Nova Xuntanza de Pais de 6º


Ante os problemas surxidos coas decisións tomadas na anterior xuntanza (con respecto o destino da excursión) e para seguir avanzando sobre o tema, convócase XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria do CEIP "As Mercedes" para o vindeiro martes 19 de marzo ás 19:45 h no aula de sexto.

miércoles, 6 de febrero de 2013

Segunda Xuntanza para a organización da Excursión de 6º




Convócase á segunda XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria  para o vindeiro mércores 6 de febreiro ás 19:45 h na aula de sexto levaremos entre todos propostas de destinos e financiación da excursión de Fin de Curso.

jueves, 10 de enero de 2013

Xuntanza cos pais e nais de alumnos de 6º


Despois do Nadal reanudamos á actividade convocando unha Xuntanza de pais e nais de 6º de primaria  para o vindeiro mércores 16 de xaneiro ás 19:45 h na aula de sexto, coa fin de definir cuestións realacionadas coa excursión de fin de curso de 6º de primaria.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Reunión Xunta Directiva - Novembro


Queda convocada para o día  20 de novembro, martes, ás 20h na Cafetería Triade, situada na esquina da Rúa Montirón con Ronda das Mercedes.

Falaremos sobre o realizado ata agora e programaremos as vindeiras accións.

Xunta Directiva 2010/13

A Xunta Directiva do Curso 2012/13 é a seguinte:

Presidenta: María Cristina Alonso Barreiro
Vicepresidente: Xabier Bruña García
Secretario: Hector Oropeza Marturet
Tesoreiro: Carlos Amiama Ara
Vogais: 
            Froilán Pallín Seco.
            Teresa Fernandez Abe ledo.
            Esther Insua Palacios. 
            Montserrat Mouriño Ferreiro. 
            Barbara Mejuto Navarro.