lunes, 29 de julio de 2013
lunes, 15 de abril de 2013
Saída extraescolar 10 de maio
Imos organizar unha saída (visita a Avifauna) o venres 10 de maio pola tarde (de
16h a 20h con saída e chegada ao colexio. Hai que levar unha pequena merenda),
e convida a toda a comunidade educativa a participar nela.
Os alumnos/as de primaria
teñen que ter autorización do titor legal e os de infantil teñen que ir
acompañados dunha persoa maior de idade. Os pais/nais que o desexen tamén poden
participar na actividade e deberán cubrir tamén unha inscrición
O custe da actividade é de 3€.
As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ por persoa participante na
actividade (2€ por persoa). O custe inclúe transporte en autocar e a entrada a
Avifauna.
Podedes entregar a inscrición (xunto
a pago da actividade) no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería,
enviando un correo electrónico ou no buzón que está fronte á conserxería. O pago
da saída podedes facelo no propio local da ANPA ou no número de conta da ANPA (Nova
Galicia Banco 2080-0185-10-3040005266).
Pregamos acheguedes a
inscrición antes do 3 de maio, xa
que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe.
A actividade levarase a cabo
sempre que se teña un mínimo de 20 persoas inscritas, e estará limitada a un
máximo de 60 persoas.
-------------------------------------------------------------------------------------------
Ficha de inscrición na saída da ANPA do 10 de maio de 2013:
Don/Dona . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . .autorizo ao meu fillo/a . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .a participar na saída organizada
pola ANPA CEIP “As Mercedes” o día 10 de maio de 2013 pola tarde (terá
que levar bebida e pequena merenda)
No caso de infantil o acompañante será: . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
En Lugo, a . . . . de . . . . . . . . .
. de 2013
Asdo:___________________________________Pai/Nai/Titor
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Entregar esta inscrición
xunto a xustificante de pago á ANPA do CEIP “As Mercedes”
lunes, 8 de abril de 2013
viernes, 15 de marzo de 2013
Nova Xuntanza de Pais de 6º
Ante os problemas surxidos coas decisións tomadas na anterior xuntanza (con respecto o destino da excursión) e para seguir avanzando sobre o tema, convócase XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria do CEIP "As Mercedes" para o vindeiro martes 19 de marzo ás 19:45 h no aula de sexto.
miércoles, 6 de febrero de 2013
Segunda Xuntanza para a organización da Excursión de 6º
Convócase á segunda XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria para o vindeiro mércores 6 de febreiro ás 19:45 h na
aula de sexto levaremos entre todos propostas de destinos e financiación da excursión de Fin de Curso.
jueves, 10 de enero de 2013
Xuntanza cos pais e nais de alumnos de 6º
Despois do Nadal reanudamos á actividade convocando unha Xuntanza de pais e nais de 6º de primaria para o vindeiro mércores 16 de xaneiro ás 19:45 h na aula de sexto, coa fin de definir cuestións
realacionadas coa excursión de fin de curso de 6º de primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

