sábado, 14 de febrero de 2015
CARNAVAL I
Este xoves tivemos no cole a festa de carnaval e montamos un bo circo!. Ahí vos van algunas fotos para que vaiades abrindo boca, nas vindeiras datas pondremos algunha máis .Dar as gracias ás mamás/ papás que colaboraron con nós e nos fixeron uns postres de carnaval exquisitos. Gracias tamén á librería Campus que nos facilitou agasallos para cada unha das aulas do noso cole. Gacias tamén a Alfonso e Enrique por colaborar coa nosa festa, a Alejandro que nos fixo un decorado magnífico e ó resto do profesorado que viñeron á festa e ós que lles axudaron ós nenos a facer parte dos disfraces. Espero que disfrutarades da festa e que vos gusten as fotos!!!
martes, 3 de febrero de 2015
ESCOLA DE FAMILIAS
Este xoves 5 de febreiro ás 19:45h terá lugar a penúltima sesión da Escola de Familias. Nela falaremos de Diversidade Cultural e Educación. Queremos que esta reunión sirva para coñecer un pouco mellor as diferencias culturais que existen entre as familias dos nenos do noso colexio e como é a educación tanto a nivel familiar como escolar nos distintos países. Por este motivo convidamos a toda a comunidade escolar pero moi especilamente ás familias dos nenos orixinarios doutros países. Recordarvos que haberá servicio de canguro para facilitar a asistencia. Animádevos!!!
lunes, 26 de enero de 2015
miércoles, 14 de enero de 2015
ESCOLA DE FAMILIAS
Despois das vacacións de Nadal retomamos a actividade da Escola de Familias este martes día 20 de xaneiro en horario de 19:45 a 21h. Falaremos sobre os deberes. Á mesma hora da Escola haberá un servicio de canguro para facilitarvos a asistencia. Esperámoste. Un saúdo.
martes, 23 de diciembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











