Desde o departamento de orientación do colexio nos indican que aquelas familias que precisen falar directamente coa orientadora, se poñan en contacto por correo electrónico coas tutoras/es de cada curso, e desde o departamento de orientación poñéranse en contacto coas familias telefónicamente.
Animo e saúdos afectuosos
lunes, 16 de marzo de 2020
DIARIO DE TAREFAS E RECOMENDACIONS DURANTE A SUSPENSION TEMPORAL DO CURSO ESCOLAR
16-03-2020
Moi bo día familias,
Todo o equipo de dirección docentes e traballadoras/es do noso colexio nos envía moitos ánimos para sobrelevar estes días.
Achego enlace da páxina do cole con diferentes ideas, recomendacións e enlaces que nos facilitan desde a xefatura de estudos.
Achega de enlaces recomendados polo departamento de orientación do cole, para que os nenos non perdan o hábito de ler durante estes días, e se entreteñan.
TAREFAS E RECOMENDACIONS PARA O PERIODO DE SUSPENSION DO CURSO ESCOLAR
Neste periodo que temos que quedar na casa e ser responsables coas instruccións que nos van dando día a día, temos que aunar forzas e tratar de conciliar traballo, aproveitando as tecnoloxías que temos ao noso servizo, coidados ,e os estudos das nosas nenas e nenos.
Na páxina do noso cole xa están colgadas as tarefas que as nenas/os terán que facer no periodo non lectivo, achégase enlace:
Información para as familias para que as/os máis pequenos o entendan mellor:
Achega de ideas para ocupar o tempo, dentro da casa, tempo, no que as nosas nenas/os estarían no parque, ou en distintas actividades extraescolares.
É momento de quedarse, desempolvar os álbums de fotos da estantería, e coidar de todas/os nós.
Desexando que este periodo non lectivo excepcional, dure o menos tempo posibel, e así recuperar a normalidade, saudámosvos afectuosamente.
martes, 10 de marzo de 2020
ROTEIROS ANPAS CIDADE DE LUGO
Para ir entrando na primavera, achegarémonos ao concello de Ribeira de Piquín, para facer un percorrido entre carballos e castiñeiros no medio da montaña lucense, e chegar á fervenza que lle da nome ao roteiro.
Boa camiñada
domingo, 1 de marzo de 2020
ESCOLA DE FAMILIAS
Este martes día 3 de marzo, terá lugar a segunda charla de Escola de Familias desde curso, sobre a Educación Afectiva - Sexual.
A duración da charla será de 2 horas, ao non ser suficiente 1 hora, pero podedes incorporarvos á charla no momento que poidades.