jueves, 29 de octubre de 2020






Desde a ANPA en colaboración coa FAPACEL, animámosvos a que participedes neste curso on line. A duración do curso será do 3 ao 24 de novembro , con tres sesións titoriais cunha duración de 40 minutos, nas datas que se indican  que se indican no cartel.
O contido do curso será sobre ferramentas para o traballo a distancia (zoom e drive), elaboración de tarefas, exportación a distintos formatos, e ferramentas para poder compartir tarefas. A duración do curso será de 10 horas.
A forma de inscribirse será a través do correo da ANPA por extricta orde de entrada,indicando nome e apelidos. As prazas son limitadas. 

ANIMÁDEVOS ¡¡¡





 

martes, 27 de octubre de 2020










 FESTA DE SAMAÍN DAS MERCEDES 2020

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO DE LUGO


Este curso 2020-2021 non se van a facer actividades extraescolares presenciais mentres dure a pandemia. De todas formas o Concello de Lugo sí lles ofrece ás familias facer as actividades de modo telemático. Todas aquelas familias que poidan estar interesadas nas actividades TELEMATICAS DO CONCELLO DE LUGO, deberán entrar no seguinte enlace onde atoparán a autorización para poder inscribirse nas actividades.

http://concellodelugo-gal/gl/actuacions/actividades-extraescolares-en-centros-publicos

Calqueira dúbida que poida ter as familias, terán que solventalas directamente co Concello de Lugo




AVISOS FAMILIAS TITORIAS NON PRESENCIAIS














sábado, 3 de octubre de 2020





BENVIDAS FAMILIAS AO CURSO 2020-2021





 
Desde a directiva da ANPA queremos darvos a benvida para este novo curso 2020-2021 aos que xa nos coñecedes un pouco, e tamén  a todas aquelas familias que se incorporan este ano ao noso colexio.

Non sen deixar de facer unha mención especial para os alumnos de sexto curso que tiveron que despedirse da primaria, e deste colexio,  dun xeito un tanto atípico e precipitado debido ás circunstancias actuais.

FELIZ ENTRADA NA E.S.O. RAPACES E RAPAZAS ¡¡¡¡

E  xa para este curso queremos anímarvos a que vos fagades socios desta ANPA, xa que unha ANPA con moitos socios e unha ANPA forte para conseguir fins.

Aquí vos quedan a CARTA DE PRESENTACION a FICHA DE INSCRICION DE SOCIOS














 

domingo, 26 de abril de 2020

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Aínda que virtualmente, o cole e as familias celebraron o 23 de abril, día do Libro, por todo o grande.

Deixámosvos o enlace a un par de vídeos de debuxos e marcapáxinas feitas polos nenos do noso cole:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/558

Ademáis, outro video no que os profes recollen todas as recomendacións de libros que enviaron os nenos e as familias para dita celebración:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/560

E por último, un conto sobre o medo e o confinamento, e como os libros nos poden axudar a vencer dito medo, estes días nos que os nenos poden empezar a sair á rúa despois de tantos días encerrados e nos que poden xurdir medos ou preguntas.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/556

Un saúdo a todos e seguidevos coidando!!




lunes, 20 de abril de 2020

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Este xoves 23 de abril celebrase o día do libro. Aínda que as clases estén suspendidas, o cole quere facernos partícipes da celebración e invita os nenos e ás familias a compartir o libro que estemos a ler.

Tedes todos os detalles no enlace seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/node/551

Un saúdo a todos e feliz día do libro!