
martes, 31 de diciembre de 2013
viernes, 20 de diciembre de 2013
BO NADAL

Desde a ANPA queremos desexarvos a todas as familias que formades parte da nosa escola que pasedes unhas felices festas.
jueves, 19 de diciembre de 2013
I XORNADAS MULTIDEPORTIVAS
Esta actividade ten carácter gratuíto para os socios da ANPA e os inscritos nas actividades que organiza Luzemcum ( predeporte, atletismo e baloncesto).
Será os días 26, 27 e 30 de Decembro e 2 e 3 de Xaneiro, de 11 a 13H nas instalacións da piscina municipal de Frigsa para nen@s de 6 a 12 anos.
Será os días 26, 27 e 30 de Decembro e 2 e 3 de Xaneiro, de 11 a 13H nas instalacións da piscina municipal de Frigsa para nen@s de 6 a 12 anos.
lunes, 16 de diciembre de 2013
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Desde a ANPA convidámosvos a todas as familias deste centro á entrega de premios do II Concurso de Postais de Nadal organizado por FAPACEL e que terá lugar este sábado 21 de decembro ás 13h no Museo Provincial de Lugo. Recordarvos a todos os que participastedes no concurso que se vos entregará un pequeno agasallo, ademais dos premios ós ganadores por ciclo.
martes, 10 de diciembre de 2013
ESCOLA DE FAMILIAS
jueves, 5 de diciembre de 2013
LOTERÍA DE NADAL
A Asociación Raiolas de Autismo regalou ó ANPA dúas participacións de lotería de Nadal. Xogamos 8 euros co número 77.552. Desde aquí agradecerllo e a ver se ahi sorte e toca.
lunes, 2 de diciembre de 2013
ESTABLECEMENTOS COLABORADORES COA ANPA
Este ano por primeira vez imos levar a cabo unha iniciativa coa que esperamos saír todos beneficiados e que, creemos desde a ANPA, é importante para todos e para ter un barrio vivo e dinámico.
Os comerciantes do barrio van facer descontos nos seus establecementos, polo que decidimos facer uns carnés que poderedes recoller tódolos socios a partir do mércores día 4 de decembro no local da ANPA. Xunto co carné entregaremos unha listaxe cos establecemetos que colaboran con esta iniciativa. Así mesmo, nos establecementos que colaboren, pegaranse carteis para unha mellor identificación dos mesmos.
Presentando o carné no establecemento aplicaránsevos os descontos automáticamente. O comerciante poderá solicitar o DNI/NIE para identificarvos. Os establecementos que se vaian unindo á iniciativa serán comunicados a través do blog.
ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:
- AGARIMO. Rúa San Roque.
- CARLÍN PAPELERÍA. Av. de Madrid.
- CARTAFOL. Av. de Madrid.
- CLÍNICA MÉDICA CONCEPCIÓN ARENAL ( SERVICIOS LOGOPEDA). Rúa Concepción Arenal.
- DASSHA. Pza Fonte do Rei.
- ÉLIDE. Músico Xosé Castiñeira.
- FLORISTERÍA ROSE FLOR. Rúa San Roque.
- XIMNASIO RITMO. Rúa Rei Don García.
- KEBAB LAS PALMERAS. Ronda Músico Xosé Castiñeira.
- LABORAL GIRÓN. Av. Fontiñas.
- LIBRERÍA CAMPUS. Rda Das Mercedes.
- LIBRERÍA TROLL. Pza Fonte do Rei.
- MAIS PASOS ZAPATEIRO. Av. Fontiñas.
- MERCERÍA MARUXAINA. Rúa Montirón.
- MI MASCOTA. Rda Músico Xosé Castiñeira.
- PELUQUERÍA TOQUES. Rúa Rei don García.
Os comerciantes do barrio van facer descontos nos seus establecementos, polo que decidimos facer uns carnés que poderedes recoller tódolos socios a partir do mércores día 4 de decembro no local da ANPA. Xunto co carné entregaremos unha listaxe cos establecemetos que colaboran con esta iniciativa. Así mesmo, nos establecementos que colaboren, pegaranse carteis para unha mellor identificación dos mesmos.
Presentando o carné no establecemento aplicaránsevos os descontos automáticamente. O comerciante poderá solicitar o DNI/NIE para identificarvos. Os establecementos que se vaian unindo á iniciativa serán comunicados a través do blog.
ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:
- AGARIMO. Rúa San Roque.
- CARLÍN PAPELERÍA. Av. de Madrid.
- CARTAFOL. Av. de Madrid.
- CLÍNICA MÉDICA CONCEPCIÓN ARENAL ( SERVICIOS LOGOPEDA). Rúa Concepción Arenal.
- DASSHA. Pza Fonte do Rei.
- ÉLIDE. Músico Xosé Castiñeira.
- FLORISTERÍA ROSE FLOR. Rúa San Roque.
- XIMNASIO RITMO. Rúa Rei Don García.
- KEBAB LAS PALMERAS. Ronda Músico Xosé Castiñeira.
- LABORAL GIRÓN. Av. Fontiñas.
- LIBRERÍA CAMPUS. Rda Das Mercedes.
- LIBRERÍA TROLL. Pza Fonte do Rei.
- MAIS PASOS ZAPATEIRO. Av. Fontiñas.
- MERCERÍA MARUXAINA. Rúa Montirón.
- MI MASCOTA. Rda Músico Xosé Castiñeira.
- PELUQUERÍA TOQUES. Rúa Rei don García.
martes, 26 de noviembre de 2013
ESCOLA DE FAMILIAS
Esta semana teremos a segunda sesión da Escola de Familias, será o xoves 28 ás 19:30h na aula de inglés do centro escolar. Está invitado todo o mundo aínda que non asistirades á primeira reunión. Un dos membros da ANPA quedará ó cuidado dos cativos de aqueles de vos que non teña con quen deixalos.
Comentarvos tamén que as próximas xuntanzas serán os días 12 de decembro e 9 e 23 de xaneiro. Animádevos a participar!
Comentarvos tamén que as próximas xuntanzas serán os días 12 de decembro e 9 e 23 de xaneiro. Animádevos a participar!
sábado, 9 de noviembre de 2013
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Recórdase ós pais que este luns dará comenzo a actividade de baloncesto ás 17 horas. Informarvos tamén de que aínda hai algunha plaza libre nesta actividade, así como na actividade de atletismo. Tamén é posible que quede algunha plaza libre en judo os mércores (estamos pendentes de confirmalo). Se estades interesados poñédevos en contacto coa anpa ou cos monitores das actividades no horario das mesmas.
ESCOLA DE NAIS E PAIS
Estimados pais:.
invitámosvos a participar connosco na actividade- taller: "ESCOLA DE NAIS E PAIS" que se desenvolverá no colexio a partir do vindeiro xoves día 14 de novembro, as 19:30 horas, con periodicidade quincenal.
Esta actividade, organizada pola ANPA do CEIP Das Mercedes en colaboración co propio centro, pretende ser un punto de encontro e reflexión sobre a educación no que participen todos os pais/ nais que o desexen.
invitámosvos a participar connosco na actividade- taller: "ESCOLA DE NAIS E PAIS" que se desenvolverá no colexio a partir do vindeiro xoves día 14 de novembro, as 19:30 horas, con periodicidade quincenal.
Esta actividade, organizada pola ANPA do CEIP Das Mercedes en colaboración co propio centro, pretende ser un punto de encontro e reflexión sobre a educación no que participen todos os pais/ nais que o desexen.
miércoles, 30 de octubre de 2013
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES 2013/2014
Ante a baixa demanda que
tiveron algunhas actividades extraescolares (teatro e lingua de signos);
propoñémosvos un novo cadro de actividades extraescolares nas que podedes
inscribir aos vosos/as fillos/as. Incorpórase unha nova actividade (baloncesto
os luns) e quedan prazas noutras dúas (judo (martes) e atletismo). As outras
actividades están co grupo completo. O inicio dos novos grupos está pensado
para principios de novembro, polo que pregamos acheguedes a inscrición antes do 31 de outubro.
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
|
16:00-17:00
|
Atletismo
|
Baile moderno
infantil
(grupo completo)
|
Judo
(grupo completo)
|
Predeporte
infantil
(grupo completo)
|
17:00-18:00
|
Baloncesto
|
Judo
|
De estas actividades, marcade as que queredes inscribir os/as vosos/as fillos/as:
Datos do aluno/a:
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Socio/a da ANPA: Non ¨ Si ¨ Número:
Sinatura e DNI pai/nai:
Recordamos que se necesitan un
mínimo de 10 alunos/as para que se poda realizar a actividade. O prezo mensual
de tódalas actividades é de 10 euros.
As familias socias da ANPA, pagarán 9
euros. Para o pago, unha vez confirmadas as actividades, indicarase a forma
de pago para cada unha das actividades.
A DIRECTIVA DA ANPA
miércoles, 2 de octubre de 2013
Actividades extraescolares: Judo
Ante a gran demanda que ten esta actividade decidimos desdoblala e engadir un día a maiores do que xa tiñamos. O novo horario será os martes de 17 a 18 h. Se alguén dos que está inscrito no anterior horario ( mércores de 16 a 17 h) quixera cambiar de horario pódese poñer en contacto coa anpa a través do noso correo electrónico ou no local da anpa.
viernes, 20 de septiembre de 2013
Inscripción de socios
Queremos recordarvos a tódolos país e nais que podedes
ser socios/as da ANPA, e que ter
unha ANPA numerosa e participativa é beneficioso para os nosos fillos e fillas.
Para facervos socios só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o
pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA
(2080-0185-10-3040005266) e cubrindo a ficha de alta no curso 2013/2014. Os/as
socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes
nas actividades extraescolares organizadas por esta asociación e con distintos
descontos en establecementos do barrio que se irán detallando ao longo do
curso.
INSCRICIÓN PERSOAS SOCIAS
ANPA CEIP AS MERCEDES
CURSO 2013/2014
Unidade Familiar Socia nº: ____
Datos pai/nai e enderezos
Nome Nai.……………Apelidos……………………………………............
Nome Pai.……………Apelidos……………………………………............
Teléfono(s) de contacto para as notificacións
...............................................
Enderezo postal: …………………………………….....................................
Enderezo electrónico: …………………………………….............................
Forma pago: ¨Banco ¨Local ¨Dixital ¨Outras . . . . . . . .
Datos do/a(s) fillo/a(s):
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade ..........................Curso......................................................................
Nome ..........................Apelidos.................................................................
Idade...........................Curso......................................................................
Nome..........................Apelidos..................................................................
Idade...........................Curso......................................................................
- - - - - - - - - - - - - - -
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
- - - - - -
Este é o resgardo que lle acredita como socia da ANPA do CEIP As Mercedes,
tras o pago da cota anual. Para as distintas xestións recorde o seu número de
socio.
Unidade Familiar Socia nº: ____
DIRECTIVA DA ANPA
Actividades extraescolares da ANPA 2013- 2014
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES 2013/2014
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
|
16:00-17:00
|
Atletismo
|
Baile moderno
infantil
|
Judo
|
Predeporte
infantil
|
17:00-18:00
|
Teatro primaria
|
Lingua de signos
|
De estas actividades, marcade as que queredes inscribir os/as vosos/as fillos/as:
As
actividades que non son específicas para infantil, están pensadas
fundamentalmente para primaria.
Datos do aluno/a:
Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Socio/a da ANPA: Non ¨ Si ¨ Número:
Sinatura e DNI pai/nai:
Podedes entregar esta ficha no
local da ANPA (mércores de 9 a
9:30h), en conserxería, enviando un correo electrónico ou no buzón que está
frente á conserxería. O inicio das actividades extraescolares está pensada para
a semana do 14 ao 20 de outubro, polo que pregamos acheguedes a inscrición antes do 14 de outubro.
Recordamos que se necesitan un
mínimo de 10 alunos/as para que se poda realizar a actividade, polo que se
farán os grupos en función das solicitudes. O prezo mensual de tódalas
actividades é de 10 euros. As
familias socias da ANPA, pagarán 9 euros.
Para o pago, unha vez confirmadas as actividades, indicarase a forma de pago
para cada unha das actividades.
A DIRECTIVA DA ANPA
Asamblea de pais e nais
Convócase ASAMBLEA
de PAIS e NAIS do CEIP “As Mercedes”
para o vindeiro mércores 25 de setembro
ás 19:45 h no que se abordarán distintos temas do inicio do curso. Para
facilitar que poidan asistir un maior número de país e nais teremos unha
coidadora que atenderá os nenos e nenas mentres dura a reunión.
Reserva do chándal curso 2013- 2014
Podedes facer a reserva
do chándal na tenda de deportes “Élide”
(Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 25 euros/unidade e nel vai
impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.
miércoles, 18 de septiembre de 2013
!Benvida!
Comezamos un novo Curso que esperamos sexa proveitoso para toda a Comunidade Educativa. Dende o ANPA xa estamos a traballar para que os país e naís aportemos o mellor o noso Colexo.
Despois do nervios e os reencontros dos primeiros días vos suxerimos que vos fagades socios/as
da ANPA. Para elo só tedes que realizar un único ingreso
de 10 € (por unidade familiar) facendo
o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA
(2080-0185-10-3040005266) e cubrindo a ficha de alta no curso 2013/2014.
Os/as
socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes
nas actividades extraescolares organizadas por esta asociación e a novidade e que este ano contarán con distintos
descontos en establecementos do barrio que se irán detallando ao longo do curso.
O local da ANPA estará aberto
todos os mércores de 9 a
9:30 h e contaremos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións, propostas ou dúbidas
que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es
jueves, 1 de agosto de 2013
Xornada de Acollemento das Novas Familias
O 26 de xuño, o Colexio e o ANPA organizamos unha xornada de Acollemento para as familias que en Setembro se incorporarán a nosa Comunidade Escolar, máis concretamente para as familias dos nenos de Infantil. Despois dunha presentación inicial realizamos unha visita polas instalacións do Colexio.
A experiencia foi moi satisfactoria, con gran éxito de participación. Esperamos repetila o Curso que ven.
lunes, 29 de julio de 2013
Saídas a Avifauna
O final o que ía ser unha única excursión se convertiron en tres saídas organizadas nun mes. Acudimos a Avifauna unhas 120 persoas e estas son alguns dos momentos que compartimos.
lunes, 15 de abril de 2013
Saída extraescolar 10 de maio
Imos organizar unha saída (visita a Avifauna) o venres 10 de maio pola tarde (de
16h a 20h con saída e chegada ao colexio. Hai que levar unha pequena merenda),
e convida a toda a comunidade educativa a participar nela.
Os alumnos/as de primaria
teñen que ter autorización do titor legal e os de infantil teñen que ir
acompañados dunha persoa maior de idade. Os pais/nais que o desexen tamén poden
participar na actividade e deberán cubrir tamén unha inscrición
O custe da actividade é de 3€.
As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ por persoa participante na
actividade (2€ por persoa). O custe inclúe transporte en autocar e a entrada a
Avifauna.
Podedes entregar a inscrición (xunto
a pago da actividade) no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería,
enviando un correo electrónico ou no buzón que está fronte á conserxería. O pago
da saída podedes facelo no propio local da ANPA ou no número de conta da ANPA (Nova
Galicia Banco 2080-0185-10-3040005266).
Pregamos acheguedes a
inscrición antes do 3 de maio, xa
que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe.
A actividade levarase a cabo
sempre que se teña un mínimo de 20 persoas inscritas, e estará limitada a un
máximo de 60 persoas.
-------------------------------------------------------------------------------------------
Ficha de inscrición na saída da ANPA do 10 de maio de 2013:
Don/Dona . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . .autorizo ao meu fillo/a . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .a participar na saída organizada
pola ANPA CEIP “As Mercedes” o día 10 de maio de 2013 pola tarde (terá
que levar bebida e pequena merenda)
No caso de infantil o acompañante será: . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . .
En Lugo, a . . . . de . . . . . . . . .
. de 2013
Asdo:___________________________________Pai/Nai/Titor
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Entregar esta inscrición
xunto a xustificante de pago á ANPA do CEIP “As Mercedes”
lunes, 8 de abril de 2013
viernes, 15 de marzo de 2013
Nova Xuntanza de Pais de 6º
Ante os problemas surxidos coas decisións tomadas na anterior xuntanza (con respecto o destino da excursión) e para seguir avanzando sobre o tema, convócase XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria do CEIP "As Mercedes" para o vindeiro martes 19 de marzo ás 19:45 h no aula de sexto.
miércoles, 6 de febrero de 2013
Segunda Xuntanza para a organización da Excursión de 6º
Convócase á segunda XUNTANZA de PAIS e NAIS de 6º de primaria para o vindeiro mércores 6 de febreiro ás 19:45 h na
aula de sexto levaremos entre todos propostas de destinos e financiación da excursión de Fin de Curso.
jueves, 10 de enero de 2013
Xuntanza cos pais e nais de alumnos de 6º
Despois do Nadal reanudamos á actividade convocando unha Xuntanza de pais e nais de 6º de primaria para o vindeiro mércores 16 de xaneiro ás 19:45 h na aula de sexto, coa fin de definir cuestións
realacionadas coa excursión de fin de curso de 6º de primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)