miércoles, 18 de septiembre de 2013

!Benvida!

Comezamos un novo Curso que esperamos sexa proveitoso para toda a Comunidade Educativa. Dende o ANPA xa estamos a traballar para que os país e naís aportemos o mellor o noso Colexo.

Despois do nervios e os reencontros dos primeiros días vos suxerimos que vos fagades socios/as da ANPA. Para elo só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (2080-0185-10-3040005266) e cubrindo a ficha de alta no curso 2013/2014. 

Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares organizadas por esta asociación e a novidade e que este ano contarán con distintos descontos en establecementos do barrio que se irán detallando ao longo do curso.

O local da ANPA estará aberto todos os mércores de 9 a 9:30 h e contaremos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións, propostas ou dúbidas que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario