martes, 11 de marzo de 2014

ARDE LUCUS

   O día 25 de febreiro tivo lugar a primeira xuntanza para a organización do desfile do Arde Lucus deste ano ( 15 de xuño), no que por primeira vez estará representado o noso colexio. A convocatoria foi un éxito e xa somos máis de 150 persoas as anotadas.
 Deixámosvos as fotos dos modelos que se prepararon desde a ANPA. Decidiuse que iriamos de castrexos e a tela proporcionaraa o Concello. 
Próximamete anunciaremos a organización de varios obradoiros para a elaboración dos complementos.
Se queredes máis información mandade un correo ou pasádevos polo local da ANPA, os mércores de 9 a 9:30h.






No hay comentarios:

Publicar un comentario