miércoles, 23 de abril de 2014

SAÍDA EXTRAESCOLAR 10 de MAIO 2014
1º, 2º e 3º PRIMARIA

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión a Monforte de Lemos (viaxe en tren para ver o museo do ferrocarril e o casco vello) o sábado 10 de maio (saída ás 10:45h da estación do tren e chegada ao mesmo sitio ás 19h), e convida aos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Primaria deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e comida para o xantar.
O custe da actividade é de 10 €. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (9€). O custe inclúe transporte en tren e a entrada ao museo.
A data límite de inscrición é o 30 de abril, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (23 ou 30 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h ou o venres (25 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h.


A DIRECTIVA DA ANPA

No hay comentarios:

Publicar un comentario