Comeza de novo este curso a Escola de Familias do Colexio
C.E.I.P As Mercedes. A primeira sesión será o día 6 de novembro ás 19:45, constará
en total de seis sesións que terán unha periodicidade de quince días, rematando
en febreiro. Desenvolveranse nas aulas do colexio, e é unha actividade gratuita e
na que aquel que o desexe pode incorporarse en calquera das sesións.
As facilitadoras serán Montse Recondo orientadora do
colexio, Susana Fernández profesora de infantil e Cristina Alonso educadora
social e presidenta do ANPA.
O formato escollido é o mesmo que o da última edición,
traballar de forma participativa e activa diferentes temas: relación
familia-escola, educación na familia, autoestima, afrontamento do estres..... e
en xeral todos aqueles temas que sexan de importancia para a Comunidade
Educativa.
Á mesma hora da Escola haberá un servicio de canguro
para facilitar as familias a asistencia.
Tanto o Colexo como a ANPA, que quedamos moi satisfeitos
cos resultados desta iniciativa que comezamos o curso pasado, esperamos que volva a ter o mesmo éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario