miércoles, 24 de octubre de 2018

ROTEIROS POLA COMARCA

              

Este ano a nosa Anpa,  xunto con outras Anpas da nosa cidade , vai a participar en 9 roteiros para familias pola provincia de Lugo, coa intención de que sexan unhas xornadas de convivencia e lecer,  para disfrutar da natureza en comunidade.




                 ANIMÁDEVOS A CAMIÑAR CON NÓS ¡¡¡



Este domingo día 28 de outubro segundo roteiro pola comarca:
 A Agüeira-Os Grobos.

Aquelas familias que queiran poderán ír directamente ao punto de inicio da ruta ás 9.30 horas.  42º49'21.1"N7º07'07.9"W













 Información roteiro:

 Iniciaremos o camino en Cela, entre os concellos de Becerreá e as Nogais, para subir ata o Souto de Agüeira,  e despois baixar ata a  singular paraxe de Os Grobos, " o bosque encantado" onde se rodou nos anos 70 a película "O bosque do Lobo", de Pedro Olea. Alí  fárase un magosto de confraternización.
Dende alí colleremos os coches para ir a Cruzul a ver unha enciñeira, e ata a Franxa para observar o contraste entre o Enciñeiral e as fragas de carballos e castiñeiros.
Esta ruta non se recomenda para nenos moi pequenos (3-4 anos), por mor da pendiente na Ferrería.
A alternativa sería quedarse pola parte baixa e achegarse ata Os Grobos, só a 1,5 km de onde se aparcan os coches.
Duración: 3 horas, máis 1 hora magosto e Cruzul.

BOA CAMIÑADA



Máis información da ruta aquí
Máis información sobre espazo natural LIC:
https://es.slideshare.net/monadela/lic-cruzulageira
 




O pasado domingo  23 de setembro tivo lugar o primeiro dos roteiros deste ano, esta vez na Lagoa de Cospeito.
Pasámolo xenial ¡¡¡¡




Rodeamos a Lagoa, escoitamos a lenda da vila de Valverde,  vimos o Museo das Aves de Cospeito e a torre de Caldaloba

 
 
Máis fotos aquí https://photos.app.goo.gl/bNQRQbhXUa9eoVNr9

No hay comentarios:

Publicar un comentario