domingo, 2 de junio de 2019

 
 
II FOLIADA POLA ESCOLA PUBLICA
 
 
 
 
Tralo éxito da foliada do ano pasado, repetimos este ano, coa segunda "Foliada polo Ensino Público", una xornada familiar e de  convivencia das familias e os coles públicos para disfrutar todos xuntos, no Clube Fluvial de Begonte ás beiras do río Ladra.
 
Pola mañá faremos un pequeno roteiro polas ribeiras do Ladra, despois haberá carreiras campo a través, para pequenos e maiores.
 
Proseguiremos con Sesión Vermú con música e baile antes do Xantar Popular. Para o xantar podedes traer a vosa comida ou senón teremos unha Pulpeira onde ademáis de polbo haberá empanadas, lacón, churrasco e  bebidas
A sobremesa e o serán estarán cheos de música e xogos tradicionais para nenos e maiores. E se fai  bo tempo traede o   bañador.
 Podedes incorporarvos no momento que queirades á festa.
O roteiro desta volta non sae do colexio , quedaremos ás 10 horas no Clube Fluvial de Begonte. O miniroteiro non é computable para a entrega de medallas e diplomas.
 
Diplomas: para tódolos nenos participantes nos roteiros.
Medallas: para aqueles nenos que fixeran 5 roteiros.
 
 Programa completo:
 
10:00 Saída miniroteiro dende o Clube Fluvial de Begonte.
12: 00 Carreira Campo a través.
13:00 Sesión Vermouth. Actuación de música e baile tradicional.
14:30 Comida.
16:30 Obradoiro de baile tradicional.
17:00 Entrega de medallas e diplomas de roteiros e carreiras campo a través.
17:30 Xogos populares.
 
 
 
VÉMONOS O 9 DE XUÑO NA FOLIADA POR UN ENSINO PUBLICO E DE CALIDADE
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario