Prezadas familias neste roteiro visitaremos a comarca do Ulloa, no concello de Palas de Rei. O roteiro levaranos ata o Castelo de Pambre, que visitaremos, xunto co Camiño Real, comeremos castañas por cortesía da Asociación Socio Cultural veciños Ulloa-Sambreixo, e haberá algunha outra sorpresa máis para tódolos que nos acompañedes.
¡ ANIMÁDEVOS A CAMIÑAR !
Para saber máis...
Río Ulla
É un dos ríos máis importantes de Galiza e a súa cunca é a segunda máis importante, despois da do Miño, e unha das máis salmoneras. Nace nos montes de Olmeda, en Antas de Ulla e desemboca na ría de Arousa. No seu percorrido dá vida a bosques de castiñeiros, carballos, e pequenas colinas e praderíos, onde pacen vacas, ovellas e cabras sobre todo.
Posúe un gran valor xeolóxico, pola gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados eiquí do Neolítico.
No tramo alto do río , xusto onde se une coas augas do río Pambre, (afluente), fórmanse rápidos, fervenzas e pozas dunha gran beleza; Os Torrentes do Mácara.
Castelo de Pambre
É unha fortaleza de finais do século XIV, ubicada nas orillas do río Pambre. Declarada como Ben de Interés Cultural é un dos poucos exemplos de arquitectura militar do medievo galego, que sobreviviu á Revolta Irmandiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario