ROTEIROS POLA COMARCA
Desta volta camiñaremos polo bosque da Foz das Aceas, á beira do río Sarria, por sendas entre castiñeiros, salgueiros e ameneiros vestidos de outono. Descubriremos vellos muíños e fermosas presas entre pasarelas de madeira.
Xa pola tarde, faremos unha visita ao MUVICLA, o museo de maquinaria agrícola en Traslite (Láncara).
A visita será ás 16:30, polo que as familias que o desexen terán que estar a esa hora na entrada do MUVICLA. O prezo da visita é de 3,5 euros por persoa, e para os menores de cinco anos de balde.
Boa camiñada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario