viernes, 20 de septiembre de 2013

Actividades extraescolares da ANPA 2013- 2014

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES da
ANPA C.E.I.P. AS MERCEDES 2013/2014


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES

16:00-17:00


Atletismo

Baile moderno infantil

Judo

Predeporte infantil

17:00-18:00


Teatro primaria





Lingua de signos









De estas actividades, marcade as que queredes inscribir os/as vosos/as fillos/as:
As actividades que non son específicas para infantil, están pensadas fundamentalmente para primaria.
Datos do aluno/a:

Nome…………………Apelidos……………………………………............
Idade……………………………..Curso…………………………................
Teléfono de contacto para as notificacións ....................................................
Socio/a da ANPA:                  Non ¨                 Si ¨ Número:
Sinatura e DNI pai/nai:
Podedes entregar esta ficha no local da ANPA (mércores de 9 a 9:30h), en conserxería, enviando un correo electrónico ou no buzón que está frente á conserxería. O inicio das actividades extraescolares está pensada para a semana do 14 ao 20 de outubro, polo que pregamos acheguedes a inscrición antes do 14 de outubro.
Recordamos que se necesitan un mínimo de 10 alunos/as para que se poda realizar a actividade, polo que se farán os grupos en función das solicitudes. O prezo mensual de tódalas actividades é de 10 euros. As familias socias da ANPA, pagarán 9 euros. Para o pago, unha vez confirmadas as actividades, indicarase a forma de pago para cada unha das actividades.
A DIRECTIVA DA ANPA

Asamblea de pais e nais

Convócase ASAMBLEA de PAIS e NAIS do CEIP “As Mercedes” para o vindeiro mércores 25 de setembro ás 19:45 h no que se abordarán distintos temas do inicio do curso. Para facilitar que poidan asistir un maior número de país e nais teremos unha coidadora que atenderá os nenos e nenas mentres dura a reunión.

Reserva do chándal curso 2013- 2014

Podedes facer a reserva do chándal na tenda de deportes “Élide” (Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 25 euros/unidade e nel vai impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.

miércoles, 18 de septiembre de 2013

!Benvida!

Comezamos un novo Curso que esperamos sexa proveitoso para toda a Comunidade Educativa. Dende o ANPA xa estamos a traballar para que os país e naís aportemos o mellor o noso Colexo.

Despois do nervios e os reencontros dos primeiros días vos suxerimos que vos fagades socios/as da ANPA. Para elo só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (2080-0185-10-3040005266) e cubrindo a ficha de alta no curso 2013/2014. 

Os/as socios/as da ANPA contarán cun desconto de 1€/mes nas actividades extraescolares organizadas por esta asociación e a novidade e que este ano contarán con distintos descontos en establecementos do barrio que se irán detallando ao longo do curso.

O local da ANPA estará aberto todos os mércores de 9 a 9:30 h e contaremos cunha caixa de suxestións (fronte a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións, propostas ou dúbidas que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es

jueves, 1 de agosto de 2013

Xornada de Acollemento das Novas Familias


 O 26 de xuño, o Colexio e o ANPA organizamos unha xornada de Acollemento para as familias que en Setembro se incorporarán a nosa Comunidade Escolar, máis concretamente para as familias dos nenos de Infantil. Despois dunha presentación inicial realizamos unha visita polas instalacións do Colexio.
   
A experiencia foi moi satisfactoria, con gran éxito de participación. Esperamos repetila o Curso que ven.

lunes, 29 de julio de 2013

Festa de Fin de Curso

Na festa de Fin de Curso tivemos de todo: Actuacións, colchonetas, xogos, merenda e algo de chuvia.... pasamos unha boa tarde.

Saídas a Avifauna

O final o que ía ser unha única excursión se convertiron en tres saídas organizadas nun mes. Acudimos a Avifauna unhas 120 persoas e estas son alguns dos momentos que compartimos.