SAÍDA EXTRAESCOLAR 30 de MAIO 2014
a AVIFAUNA DE 4º INFANTIL
A ANPA do CEIP “As Mercedes”
vai realizar unha excursión a Avifauna o venres 30 de maio (saída
ás 16:15 h da rúa do Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 20 h), e
convida aos alumnos, alumnas, pais e nais de 4º de Infantil deste colexio a
participar nela.
Os alumnos/as que participen
teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha
gorra, bebida e pequena merenda. Ademais cada neno/a deberá vir acompañado por
unha persoa maior de idade.
O custe da actividade é de 5
€ por persoa. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (4€). O custe
inclúe transporte e a entrada en Avifauna.
A data límite de inscrición é
o 21 de maio, xa que é necesario
reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. Podedes entregar a
inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (14 ou 21 de
abril) de 9 a
10h e de 19 a
20h ou o venres (16 de maio) de 9
a 10h.
A DIRECTIVA DA ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario