domingo, 11 de mayo de 2014

SAÍDA EXTRAESCOLAR 24 de MAIO 2014
4º, 5º e 6º PRIMARIA

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión a Cervantes-Ancares (viaxe de intercambio co CEIP de Cervantes) o sábado 24 de maio (saída ás 9h da rúa do Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 20 h), e convida aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e comida para o xantar.
O custe da actividade é de 10 €. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (9€). O custe inclúe transporte, roteiro e actividades en Cervantes.
A data límite de inscrición é o 21 de maio, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (14 ou 21 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h ou o venres (16 de maio) de 9 a 10h.


A DIRECTIVA DA ANPA

No hay comentarios:

Publicar un comentario