Queremos facervos partícipes dunha carta que lle imos entregar desde a directiva da ANPA á directiva do colexio.
A
directiva da ANPA do CEIP As Mercedes considera oportuno facer chegar ao equipo
docente do noso colexio o parecer de parte das familias sobre o custe dos
libros de texto, sobre todo na etapa de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, onde o material
non é reutilizable, e que se achega aos 200 euros por alumno este curso.
Sen
querer interferir na libre elección do profesorado en canto aos recursos
materiais que utilizará durante o ano, este tamén debe ser consciente, como
parte da sociedade que é, da situación de crise económica existente e das
dificultades que están atravesando parte das familias.
Tamén
queremos lembrar o carácter de non obrigatoriedade da etapa de educación
infantil, polo que non debera ser unha carga excesiva para as familias; a
gratuidade que se supón á educación obrigatoria; e que o noso é un colexio
público que atende principalmente a alumnado dun contexto socio-económico
medio-baixo.
As
familias son coñecedoras de que noutros colexios públicos, ás veces evitando
ceder ás presións das editoriais, solicítanse 30 euros para material, ou
incluso nalgúns concertados non se empregan libros en educación infantil. Neste
contexto, poden darse situacións evitables de discriminación e diferenzas entre
alumnado da mesma cidade.
Por
todo isto, solicitamos e agradecemos que para o vindeiro curso escolar o equipo
docente do CEIP AS MERCEDES considere o exposto anteriormente á hora de decidir
a compra de material ou o cambio de libros de texto.
Moitas
grazas.
Atentamente,
Ole!
ResponderEliminar