NOTA
INFORMATIVA da
ANPA C.E.I.P.
AS MERCEDES
Desde a Xunta Directiva da ANPA dirixímonos a todas as
familias deste centro educativo para informarvos das seguintes cuestións:
Queremos recordarvos a tódolos país e nais que podedes
ser socios/as da ANPA, e que ter
unha ANPA numerosa e participativa é beneficioso para os nosos fillos e fillas.
Para facervos socios só tedes que realizar un único ingreso de 10 € (por unidade familiar) facendo o
pago en persoa no local da ANPA ou a través da conta da ANPA (ES66-3070-0030-17-6115553825)
e cubrindo a ficha de alta no curso 2014/2015. Os/as socios/as da ANPA contarán
cun desconto de 1€/mes nas
actividades extraescolares e o 50% nas excursións organizadas por esta
asociación, amais de distintos descontos en establecementos do barrio que se
poden consultar no blogue.
Podedes facer a reserva
do chándal na tenda de deportes “Élide”
(Rúa José Castiñeira nº 17). O seu custe é de 24 euros/unidade e nel vai
impreso o nome do colexio. A adquisición dos chándals é totalmente voluntaria.
As actividades que organizará este curso o ANPA serán: predeporte para infantil, baile moderno para
infantil, judo (todos os ciclos), atletismo, peque-fútbol (infantil) e pintura.
Nos vindeiros días enviarémosvos unha comunicación co horario das actividades
extraescolares (estamos pendentes do horario definitivo que terán as
organizadas polo concello e o centro) e a ficha de inscrición.
O local da ANPA
estará aberto todos os mércores de 9 a 9:30 h e contaremos cunha caixa de
suxestións (fronte
a conserxería) para que poidades achegarnos aquelas cuestións,
propostas ou dúbidas que estimedes. O enderezo electrónico da ANPA é: anpaasmercedes@hotmail.es e máis
información no noso blogue: www.anpasmercedes.blogspot.com.es
Convócase ASAMBLEA
de PAIS e NAIS do CEIP “As Mercedes”
para o vindeiro xoves 25 de setembro ás
19:45 h no que se abordarán distintos temas do inicio do curso. Para
facilitar que poidan asistir un maior número de país e nais teremos unha
coidadora que atenderá os nenos e nenas mentres dura a reunión.
Recibide un cordial saúdo
A DIRECTIVA DA ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario