Co obxecto de ir preparando o desfile do Arde Lucus deste ano comunicámosvos que podedes anotarvos para participar no local da ANPA no horario habitual ( mércores de 9 a 9:30 h). No momento de anotarvos indicaredes o número de participantes e se necesitades ou non tea.
A data límite para inscribirse é o 25 de marzo de 2015.
Queremos facer un intercambio con traxes levados no desfile do ano pasado e que xa non vos sirvan ( sobre todo traxes de nenos). No momento de anotarvos tamén poderedes indicar se tedes traxes que queredes ceder e por qué tallas os precisades intercambiar.
Este ano queremos levar música polo que os que teñades instrumentos de percusión ( bombo, pandereta, cunchas, corno, cencerro) e poidades traelos ao desfile, facédenolo saber para ter unha previsión.
O martes 14 de Abril de 18:00 a 20:00 h haberá un taller dirixido ás persoas que participan por primeira vez para darlles orientacións sobre os traxes, complementos, abalorios, etc.
Recibide un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario