SAÍDA EXTRAESCOLAR 25 deMarzo 2015
5º INFANTIL
A ANPA do CEIP “As
Mercedes” vai realizar unha excursión ao parque de Marcelle (Outeiro
de Rei) o mércores 25 de marzo (saída
en autocar ás 15:45h fronte ao Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 19:30h),
e convida aos alumnos e alumnas de 5º de
Infantil deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que
participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado
cómodo, unha gorra, bebida e comida para a merenda.
O custe da actividade
é de 10 €. As familias socias da ANPA terán un desconto do 50% (5€). O custe inclúe transporte en
autocar, entrada no parque+reserva e monitores (que se encargarán de acompañar
e guíar ao grupo en todo momento).
A data límite de
inscrición é o18 de marzo, xa que é
necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. O número
máximo de participante é de 34
(seguirase rigorosa orde de inscrición). Podedes entregar a inscrición (e o
pago da actividade) no local da ANPA o mércores (11 de marzo) de 9 a 10h , ou o mércores (18 de
marzo) de 9 a 10h e de 19 a 20h.
A DIRECTIVA DA ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario