ANIMÁDEVOS ¡¡¡
INFORMACION ROTEIRO
Este roteiro, será un pouco distinto aos anteriores, xa que o primeiro tramo o faremos en coche, saíndo de Aira Padrón no cumio da montaña, para durante 10 km ir parando en distintos puntos de referencia, e obras de arte, baixando ata o val, onde, a pé e durante 4-5 km o recorreremos , disfrutando da auga, da paisaxe, regatos, esculturas e poesías.
MÁIS INFORMACION ROTEIRO
O roteiro literario-artístico discorre ao longo dun traxecto entre Aira Padrón e Santalla de Lóuzara, e remata un pouco máis alá da casa natal do poeta, cun total de 13 esculturas de artistas contemporáneos galegos, que acompañan aos poemas de Fiz Vergara Vilariño, natural de Santalla de Lóuzara. A poucos metros de onde discurre a ruta atópanse as Covas de Santalla.
Fermoso, o Val do Lóuzara, no montañoso concello de Samos, aos pés da Serra do Courel, lugar onde Fiz pasou boa parte da súa vida.
Este val está catalogado como zona LIC e incluído na Rede Natura 2000 LIC Ancares-Courel, polo seu gran patrimonio natural, variedade e conservación.
As 3 serrras ao Norte constrastan co profundo val, regado polos ríos Lóuzara e Sarria. Entre as árbores e a vexetación destacan os bosques de castiñeiros, carballos, pinos, abeleiros, etc, hai que destacar o ciprés milenario, unha das árbores monumentais de Galiza. A fauna tamén é moi rica e variada, habitan eiquí londras, raposos, lobos, corzos, bubelas, salamandras, perdíz vermella, entre outros.
Destaca ademais a importancia xeolóxica da zona, onde se poden ver as covas a seimeira de Santalla.
Para saber máis:
http://www.concellosamos.es/portal_localweb/p_95_contenedor_ayto_samos.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=287&language=es&codResi=3&codMenuPN=140&codMenuSN=158&codMenu=167&layout=p_95_contenedor_ayto_samos.jsp&level=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario