miércoles, 30 de abril de 2014

EXCURSIÓN A MARCELLE

Hoxe tivo lugar a primeira das excursións organizadas pola ANPA para este curso. Os nenos de 5º e 6º de infantil foron pasar a tarde a Marcelle acompañados por algún dos membros da ANPA e pasárono de maravilla. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, ahí vos van unhas cantas fotos.















miércoles, 23 de abril de 2014

SAÍDA EXTRAESCOLAR 30 de ABRIL 2014
5º e 6º INFANTIL

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión ao parque de Marcelle (Outeiro de Rei) o mércores 30 de abril  (saída en autocar ás 16:15h fronte ao Eroski e chegada ao mesmo sitio ás 20:30h), e convida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Infantil deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e comida para a merenda.
O custe da actividade é de 12 €. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (11€). O custe inclúe transporte en autocar, entrada no parque e monitores (que se encargarán de acompañar e guíar ao grupo en todo momento).
A data límite de inscrición é o 25 de abril, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. O número máximo de participante é de 57 (seguirae extricta orde de inscrición). Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (23 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h ou o venres (25 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h.

A DIRECTIVA DA ANPA
SAÍDA EXTRAESCOLAR 10 de MAIO 2014
1º, 2º e 3º PRIMARIA

A ANPA do CEIP “As Mercedes” vai realizar unha excursión a Monforte de Lemos (viaxe en tren para ver o museo do ferrocarril e o casco vello) o sábado 10 de maio (saída ás 10:45h da estación do tren e chegada ao mesmo sitio ás 19h), e convida aos alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Primaria deste colexio a participar nela.
Os alumnos/as que participen teñen que ter autorización do titor legal e deberán levar calzado cómodo, unha gorra, bebida e comida para o xantar.
O custe da actividade é de 10 €. As familias socias da ANPA terán un desconto de 1€ (9€). O custe inclúe transporte en tren e a entrada ao museo.
A data límite de inscrición é o 30 de abril, xa que é necesario reservar con antelación e preparar a intendencia da viaxe. Podedes entregar a inscrición (e o pago da actividade) no local da ANPA o mércores (23 ou 30 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h ou o venres (25 de abril) de 9 a 10h e de 19 a 20h.


A DIRECTIVA DA ANPA

PROBAS PROVINCIAS XOGADE DE ATLETISMO

Os días 16 de marzo e 6 de abril o noso colexio participou nas Probas Provinciais Xogade de Atletismo. Acudiron cinco alumnos  como representantes do noso colexio participando nas probas de lonxitude de 50 e 60 metros lisos. Foi o monitor de atletismo, baloncesto e predeporte das actividades da ANPA o que se encargou de convocar ós alumnos.
Esta é unha boa noticia para o CEIP as Mercedes que levaba sen participar en eventos deste tipo moito tempo.



ARDE LUCUS

Os talleres do Arde Lucus que se levaron a cabo os días 18 e 27 de marzo foron un auténtico éxito, deixámosvos algunhas fotos para que as vexades. Se alguén non puido vir ou se lle pasou que se poña en contacto con nos ( vía correo electrónico ou no local).
Ahora estamos á espera de que o concello nos proporciones as teas, es canto as teñamos xa avisaremos a todas as persoas que están anotadas para o desfile.





sábado, 15 de marzo de 2014

ARDE LUCUS

Queremos recordarvos que o día 27/03/2014 levarase a cabo un TALLER DO ARDE LUCUS para confeccionar cinturóns e bolsos, das 18 ás 20 horas no local da biblioteca do colexio. Todos aqueles interesados en participar no taller terán que apuntarse no local da ANPA e traer un pequeno  kit de costura  (texoiras, agullas e fío marrón), e as medidas da cintura das persoas para as que se van facer os cintos anotadas nun papel. Haberá que pagar o material para confeccionar os complementos ese mesmo día.

martes, 11 de marzo de 2014

ARDE LUCUS

   O día 25 de febreiro tivo lugar a primeira xuntanza para a organización do desfile do Arde Lucus deste ano ( 15 de xuño), no que por primeira vez estará representado o noso colexio. A convocatoria foi un éxito e xa somos máis de 150 persoas as anotadas.
 Deixámosvos as fotos dos modelos que se prepararon desde a ANPA. Decidiuse que iriamos de castrexos e a tela proporcionaraa o Concello. 
Próximamete anunciaremos a organización de varios obradoiros para a elaboración dos complementos.
Se queredes máis información mandade un correo ou pasádevos polo local da ANPA, os mércores de 9 a 9:30h.