martes, 10 de junio de 2014

FESTA DE FIN DE CURSO 2013/2014
XOVES 19 DE XUÑO DE 16:30 h a 19:30 h

Desde a ANPA do CEIP As Mercedes queremos convidar a todas as familias  (pais, nais, avós, avoas, irmáns, irmás, alumnos e alumnas) deste centro educativo á festa de fin de curso que terá lugar o vindeiro xoves 19 de xuño a partir das 16:30 h.
Teremos bailes, exhibición de judo, proxección imaxes de todo o curso, inchables e merenda para os máis cativos e cativas.
Non faltedes e participade con nós nesta festa que tamén é a vosa.
Importante: cada pequeno/a deberá estar acompañado por un adulto.

Recibide un cordial saúdo

A DIRECTIVA DA ANPA

No hay comentarios:

Publicar un comentario