Este ano a directiva da ANPA tivemos a gran sorte de que houbo moitos papás que colaboraron con nós en distintas actividades ó longo de todo o curso, cada un aportando o que podía en cada momento. Dende aquí o noso agradecemento a todos e cada un deles.
Nesta ocasión en concreto agradecer a Javier, o pai de Hugo, que nos deixou de bo grado as fotos da festa de fin de curso para que agora as poidades disfrutar todos. Tivemos exhibición de judo e baile, unha obra de teatro, agasallamos a unha mestra que se xubila este ano, inchables, merenda, sorteo de agasallos.... esperamos que o pasarades ben. Graciñas a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario