TROCO /
INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO
MÉRCORES 25
DE XUÑO DE 17 h. A 19 h.
A ANPA do
CEIP “As Mercedes” propón facer unha xornada de troco/intercambio de
libros de texto para o vindeiro curso 2014/2015. A intención é poñer en
contacto ás persoas que queren entregar os libros de texto usados neste curso
coas que queiran conseguilos para o vindeiro.
Quen desexe
intercambiar os libros que empregou o seu fillo/a e conseguir outros para o
vindeiro curso, ou deixalos en depósito; deberá traer os libros correspondentes
nunha bolsa ao comedor do colexio o mércores 25 de xuño entre ás 17 h e as 19h.
Recoméndase
que acudan as familias con libros de texo pertencentes a terceiro de primaria
en adiante; por ser os libros prestables ao non traballar directamente sobre eles.
A DIRECTIVA DA ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario